Opinión

Xenerosidade na converxencia

 As eleccións municipais deste día amosaron o bó suceso das candidaturas de unidade cidadá (Marea Atlántica e Compostela Aberta, máis tamén outras como NósPobra e Sadamaioría), construídas sobre un amplo espectro de pluralidade e nas que os partidos ceden protagonismo, malia que poidan continuar a manter ideario e perfil de seu. 

 As eleccións municipais deste día amosaron o bó suceso das candidaturas de unidade cidadá (Marea Atlántica e Compostela Aberta, máis tamén outras como NósPobra e Sadamaioría), construídas sobre un amplo espectro de pluralidade e nas que os partidos ceden protagonismo, malia que poidan continuar a manter ideario e perfil de seu. Por outra banda, existe a convicción de que as eleccións xerais son esenciais para o país e a cidadanía galega e que calquera forza política galeguista por separado tería difícil acadar representación, sendo moi distintas as expectativas  para unha candidatura de unidade ou converxencia.

"Imponse, pois, unha formulación electoral para as xerais inequívocamente galega, co seu único centro de decisión no País,  malia que dirixida a todas as forzas e independentes, fosen ou non galeguistas, que partillaran un programa común". 

Certo que hai cuestións  proprias da rexeneración da calidade democrática (transparencia, loita contra a corrupción, reformas electorais) comúns a todo o Estado. Tamén na consideración das persoas como centro da economía. Mais Galicia, cun 5,4% do PIB e un 6% da poboación estatais non acadará solución nas formulacións de ningún partido de ámbito estatal. Vimos xa as resultas das políticas do PP e do PSOE. Se mañá houber, pomos por caso, un goberno estatal de Podemos, Equo e outros os problemas seguirían, porque os alicerces estratéxicos da nosa economía (agrogandería, mar-industria, monte-industria, enerxía, naval…) son prescindíbeis para o Estado español. Como tampouco achegamos número, ao xeito dos andaluces, non nos resolverán a vida por moito que  existisen as mellores intencións nese hipotético Goberno.

Imponse, pois, unha formulación electoral para as xerais inequívocamente galega, co seu único centro de decisión no País,  malia que dirixida a todas as forzas e independentes, fosen ou non galeguistas, que partillaran un programa común. Programa centrado na rexeneración democrática e na reactivación económica dende a atención ás persoas. Mais tamén nás reformas constitucionais precisas para ampliar e blindar ese autogoberno que tan preciso lle é a Galicia pola súa singularidade económica. Autogoberno   para xerarmos benestar.

O debate do 2016 será, tamén, territorial. E Galicia só conta coa arma da súa singularidade. Compre, pois, xenerosidade na converxencia. 

Comentarios