Opinión

Transparencia e dereito a decidir

A democracia de baixa calidade que sofrimos caracterízase por unha “ocupación” das Institucións por parte da burocracia bipartidista, pola manifesta dependencia política dos máis altos Tribunais (Supremo, Constitucional e de Contas) de pola implicación do Rei e da Coroa nesta degradación democrática. Os níveis de transparencia no Estado español, porén, son os máis baixos da Europa e as burocracias popular e socialista manteñen intereses propios, ben distintos dos da cidadanía á que lle pide o voto. Asemade, estes dous partidos conceptúan a democracia como o  mero exercicio do voto a diversos níveis cada catro anos, subordinando á maioría  valores esencialmente democráticos como o respecto polas minorías, o dereito de todos á información transparente ou os dereitos universais á educación, á saúde, á vivenda e ao acceso á xustiza en igualdade.

"Sen transparencia non é posíbel exercer a cidadanía activa que comporta implementarmos institucionalmente o dereito a decidir" 

Velaí que calquera proceso rexeneracionista ou  constituínte  esixa afondarmos na transparencia. Que, asemade, adoita acompañar polo mundo adiante ao crecemento económico e á cohesión social.Transparencia nos criterios públicos para investir os cartos de todos e no acceso aos expedientes administrativos e de contratación pública. Transparencia no xeral coñecemento dos patrimonios inicial e final dos políticos. Transparencia a respecto de todas as Administracións Públicas, da Coroa e dos partidos políticos.

E o outro polo é a implantación real do chamado “dereito a decidir”. Primarias abertas á cidadanía nos partidos políticos, candidaturas abertas, posibilidade de convocar referendos revogatorios dos cargos públicos eleitos á metade da lexislatura, xeralización do “referendum” nos níveis local e galego para a adopción das principais decisións políticas, orzamentos participativos...

Os dous vectores do rexeneracionismo, pois, precisan un do outro. Porque sen transparencia non é posíbel exercer a cidadanía activa que comporta implementarmos institucionalmente o dereito a decidir. 

Comentarios