Opinión

Unha terceira vía para a España plurinacional

A historia está inzada de casos que demostran a inviabilidade para reter poboacións e territorios que deciden maioritariamente vivir a súa vida. E oporse sempre a que a cidadanía decida (máis aínda, a que sexa simplemente consultada) semella non ter moito percorrido.

A historia está inzada de casos que demostran a inviabilidade para reter poboacións e territorios que deciden maioritariamente vivir a súa vida. E oporse sempre a que a cidadanía decida (máis aínda, a que sexa simplemente consultada) semella non ter moito percorrido.

"O futuro da Unión Europea é o da soberanía partillada. Velaí que exista unha terceira vía, non para contentar á cidadanía catalá, senón para o mellor encaixe da plurinacionalidade española".

O futuro da Unión Europea é o da soberanía partillada. Son tempos para a gobernanza en rede e para consensos amplos. Velaí que exista unha terceira vía, non para contentar á cidadanía catalá, senón para o mellor encaixe da plurinacionalidade española.

A base xurídica sería a actualización  das Disposicións Adicional Primeira e Transitoria segunda da Constitución. A primeira dalle abeiro aos ordenamentos forais vasco e navarro. A segunda dispón o máis amplo grao de autogoberno para Catalunya, Euskadi e Galicia. Trataríase de integrar as dúas para rachar o café para todos e recoñecerlle a estes territorios, a Canarias pola súa condición ultraperiférica e aos demáis que o decidan exclusivas competencias sobre lingua, cultura, educación, Dereito Civil e réxime local, así como plenas potestades executivas (Administración única), o que conlevaría a transferencia de competencias de economía e fomento básicas (portos e aeroportos de interese xeral, costas, salvamento marítimo, policía de seguridade) e a recadación tributaria, nun marco de autonomía e coordinación normativa que determinase as achegas ao Estado para compensar os servizos públicos que presta e dotar determinados Fondos de Solidariedade. Os demáis territorios terían espazo para asumir este réxime, a medio de referéndum ou para devolver competencias (sanidade, educación, xustiza…) ao Estado e/ou desenvolver procesos de fusión entre si.

"Constitúe un marco potencialmente asumíbel para moitos e nomeadamente favorábel para Galicia". 

O sistema habería pecharse cunha cláusula que permitise o dereito a decidir destes territorios, mais condicionado a prazos, procesos e maiorías que haberían ser fixados constitucionalmente.

Ésta terceira vía  constitúe un marco potencialmente asumíbel para moitos e nomeadamente favorábel para Galicia. Compre, pois, perspectiva moderna e vontade de servizo para desenvolvela.

Comentarios