Opinión

Somos Nós

¡Na historia contemporánea de Galicia existiron exemplos abondo de movementos políticos de orixe cidadá ou veciñal. Velaí os casos das Irmandades da Fala ou o movemento agrario do primeiro terzo do século XX. Xa no século XXI, a plataforma “Nunca Maís” soubo  mobilizar, dende o pulo cidadán, a persoas de todas as ideoloxías arredor da conciencia de defensa dun país ao que se lle estaba a mentir dende o Goberno do Estado. 

Na historia contemporánea de Galicia existiron exemplos abondo de movementos políticos de orixe cidadá ou veciñal. Velaí os casos das Irmandades da Fala ou o movemento agrario do primeiro terzo do século XX. Xa no século XXI, a plataforma “Nunca Maís” soubo  mobilizar, dende o pulo cidadán, a persoas de todas as ideoloxías arredor da conciencia de defensa dun país ao que se lle estaba a mentir dende o Goberno do Estado.  Noutros países europeos as organizacións sociais Yes Scotland e a Assamblea Nacional de Catalunya souberon sensibilizar politicamente a sectores tradicionalmente alleos aos nacionalismos escocés e catalán.

"A plataforma Somos Nós pode actuar transversalmente para facer que actúen xuntas politicamente persoas de variadas ideoloxías  arredor deste obxectivo de afirmación nacional cívica como único camiño para o benestar. Considérense ou non galeguistas e falen na lingua que falen" .

Isto non quere dicir que os partidos non sexan precisos. Mais, na Europa actual, na Galicia do 2015,  xa non son abondo para monopolizar a participación política.  Ven de se amosar na Coruña, co suceso electoral dunha Marea Atlántica de orixe moito máis social ca partidario. Hai unha forza de cambio cívica que non colle no traxe das organizacións partidarias actuais e reivindica novos modos de expresión e participación.

Galicia ten só o 5,4% PIB e o 6% da poboación estatais e a súa economía alicérzase nunhas bases que para o Estado español son prescindíbeis. Velaí que o autogoberno sexa para Galicia fulcral en termos de garantía do benestar da cidadanía. As vindeiras eleccións xerais han traer unha nova recomposición de forzas que abrirá o debate da organización do Estado. Aí ten que estar Galicia, porque ningúen vai mirar por ela. 

Neste contexto,a plataforma Somos Nós pode actuar transversalmente para facer que actúen xuntas politicamente persoas de variadas ideoloxías  arredor deste obxectivo de afirmación nacional cívica como único camiño para o benestar. Considérense ou non galeguistas e falen na lingua que falen .
                                                                     

Comentarios