Opinión

A solución xudicial ás preferentes

No seu dìa sinalamos nestas pàxinas a perda de 8400 M€ pùblicos no saneamento de Nova Galicia Banco. E denunciamos  que o Goberno do Estado decidise a súa poxa dous anos e medio antes de que vencese o tempo màximo (decembro 2016) outorgado no chamado “Memorandum of  Understanding” imposto por Bruxelas. 

No seu dìa sinalamos nestas pàxinas a perda de 8400 M€ pùblicos no saneamento de Nova Galicia Banco. E denunciamos  que o Goberno do Estado decidise a súa poxa dous anos e medio antes de que vencese o tempo màximo (decembro 2016) outorgado no chamado “Memorandum of  Understanding” imposto por Bruxelas. Sen dùbida se a equipa de Castellano contase con estes case trinta meses máis, sen as continuas inrterferencias cotiàns por parte do FROB, o saneamento terìa acadado nìveis moito màis satisfactorios.

"A adquisiciòn do banco galego polo grupo Etcheverrìa-Banesco foi un mal menor que, de primeiras, salvou a marca, a rede, grande parte do emprego e o domicilio social. Mais o seu principal propietario prometeu unha soluciòn  en tres meses para os preferentistas"

Certo è que a adquisiciòn do banco galego polo grupo Etcheverrìa-Banesco foi un mal menor que, de primeiras, salvou a marca, a rede, grande parte do emprego e o domicilio social. Mais o seu principal propietario prometeu unha soluciòn  en tres meses para os preferentistas que ficaban sen recuperar os seus aforros. Unha soluciòn que non podìa garantir sen a colaboraciòn dun FROB que segue  alleo ao problema dos nosos aforradores. Doutro xeito, o Banco galego non recuperarìa do FROB o 85% do que lle pague aos preferentistas. Porque esa recuperación do FROB fica condicionada à  unha decisiòn xudicial ou arbitral previa e-hora vai sendo de lembralo con claridade- o devandito Memorandum non admite soluciòns polìticas xerais. 

Sen dùbida Escotet, Etcheverrìa e Botas saben, poden e deben traballar para reparar o dano reputacional sofrido pola entidade por mòr da crise da dèbeda subordinada. Mais para a meirande parte dos milleiros de aforradores que aìnda non cobraron a soluciòn non virà do FROB nin da entidade. Virà dos xuices, quer pola vìa da demanda individual, quer pola vía da demanda colectiva.

"Para a meirande parte dos milleiros de aforradores que aìnda non cobraron a soluciòn non virà do FROB nin da entidade. Virà dos xuices"

Velaì que sexan tempos para que as plataformas de afectados, que tanto traballaron para pòr este problema no centro do debate cidadàn e mediàtico,  recoñecezan que a soluciòn será nomeadamente xudicial, polo menos para boa parte dos aforradores atinxidos. Manter outras falsas  ilusiòns sò demorarà a soluciòn do problema. En prexuizo dos aforradores, mais tamèn da propia entidade, que precisa falar canto antes de futuro.

Comentarios