Opinión

A ruptura do pacto da transición

Os que viviron aquelas datas saben que no 1975 e 1976, despois da morte de Franco, existía unha grande crise económica, derivada da do petróleo do 1973 que mancaba gravemente ás crases medias e traballadoras, mentres os níveis de protección social eran moi baixos.

Os que viviron aquelas datas saben que no 1975 e 1976, despois da morte de Franco, existía unha grande crise económica, derivada da do petróleo do 1973 que mancaba gravemente ás crases medias e traballadoras, mentres os níveis de protección social eran moi baixos. Só a educación estaba no camiño de se considerar un servizo universal, ao abeiro da Lei de educación do 1970.

"A ruptura fíxose reforma, arquivouse a memoria histórica, garantiuse a impunidade do franquismo"

A falla de liberdades e de servizos sociais, a crise económica e o atraso relativo da sociedade española facían un “cóctel” explosivo, tendo en conta que existía tamén unha extrema dereita franquista moi minoritaria, mais ben arraizada nos postos de mando da organización sindical franquista, na burocracia e nas Forzas Armadas. No mundo da esquerda e dos nacionalismos vasco, catalán e galego constatábase a vontade de construir unha democracia dende a ruptura co franquismo e que recoñecese o dereito á autodeterminación das nacións-nacionalidades, na linguaxe da época- que integran o Estado español.

"Velaí que cando non se garanten rendas mínimas nin servizos públicos esenciais, a cidadanía reclame o dereito a construir o público por si propria".

Neste senso, o pacto político e social da transición (que comeza cos acordos económico-sociais dos Pactos da Moncloa, segue coa Constitución e os Estatutos e remata coa crise do 23-F, o trunfo de Felipe González nas eleccións do 1982 e a súa primeira lexislatura) vai atender ao alargamento da crase media, a xeneralización da cobertura do desemprego e a universalización da sanidade e da educación públicas, garantindo un “complemento social” aos baixos salarios e unha certa mobilidade social. En troques, a ruptura fíxose reforma, arquivouse a memoria histórica, garantiuse a impunidade do franquismo e afastouse a cidadanía dun sistema político representativo axiña derivado ao bipartidismo de quenda, á proscrición “de facto” da democracia participativa e a negación do dererito á autodeterminación das nacionalidades, diluindo o seu dereito ao autogoberno no café para todos que tanta úlcera nos deu.

Hoxe o pacto da transición rachou, porque as Institucións e partidos españois non foron quen a manter o pequeno Estado do benestar que o facía posíbel e. Velaí que cando non se garanten rendas mínimas nin servizos públicos esenciais, a cidadanía reclame o dereito a construir o público por si propria.
 

Comentarios