Opinión

O público e o privado

Nunca dei entendido dogmatismos como “o sector privado non ten lugar ningún no servizo público” ou “ o público non funciona”. O sector privado pode colaborar eficazmente á provisión do servizo público, sempre que se esixan axeitados estándares de calidade e cumprimento da lexislación laboral, fiscal ou ambiental vixente e non se permita o filibusterismo das ofertas desproporcionadas ou temerarias, que recurtan os dereitos laborais e degradan a calidade do servizo público.

Mais vivimos tempos nos que determinados axentes económicos apostan polo desprestixio do público, cando o gasto sanitario en relación co PIB na sanidade galega, por exemplo, é moito máis baixo ca o alemán ou o dos USA. Proceso que viaxa na compaña da recentralización, obsesionada en que Madrid recupere competencias en sanidade, educación e servizos sociais para privatizar a prol das grandes empresas concesionais, relacionadas coas elites políticas estatais, en prexuizo da calidade do servizo público e do tecido empresarial galego, que sería o destinatario lóxico das fórmulas de  colaboración público-privada no noso País.

"Un instrumento público galego para finanzas corporativas? Semella que non hai outra.  Porque os dogmatismos non lles son bós para xestionarmos  a realidade. Nin moito  menos para transformala".

Este proceso coincide co da concentración bancaria, que reduce-radicalmente e tamén recentraliza en Madrid e Barcelona- a oferta de crédito e servizos financeiros. Crédito que se ven limitando máis e máis para os pemes pola falla de cumprimento por parte da Banca privada da súa función económica e social, pois que desfruta dunha barra libre de liquidez do Banco Central Europeo ao 0,50% para llelos prestar ao sector público e ás grandes corporacións dos sectores regulados e do IBEX ao 3,5-4%. 

Xa que logo,non só é precisa unha banca minorista que garanta crédito ás pemes, senón unha Banca corporativa para empresas galegas de certa dimensión que corren o risco de non ter banqueiro que apoie as súas necesidades.

Un instrumento público galego para finanzas corporativas? Semella que non hai outra.  Porque os dogmatismos non lles son bós para xestionarmos  a realidade. Nin moito  menos para transformala.

Comentarios