Opinión

Poder financeiro e poder político

Abanca gañou no 2014 1157 M€, dos que 601 son beneficios de explotación e 556 créditos fiscais. En medio ano Banesco amortizou de máis os 1003 M€ que lle custou NCG .

Abanca gañou no 2014 1157 M€, dos que 601 son beneficios de explotación e 556 créditos fiscais. En medio ano Banesco amortizou de máis os 1003 M€ que lle custou NCG .

"O Goberno Rajoy, xa que logo, malbaratou NCG, ao vendelo por un 11% do que se teña investido para sanealo. Por qué? Porque Galicia non é importante dende Madrid"

Quere isto dicir que NCG era un grande negocio, como moitos xa advertimos. A capilaridade da rede, presente en toda Galicia, a calidade profesional e humana do seu persoal, a xestión da equipa de Castellano (malia que continuamente eivada dende   Ministerio de Economía-) e a aposta de Escotet por manter a galeguidade da marca, subrogarse na orixe social da entidade e abrir un chisco o crédito explican estes números, case na súa metade créditos fiscais.

O Goberno Rajoy, xa que logo, malbaratou NCG, ao vendelo por un 11% do que se teña investido para sanealo. Por qué? Porque Galicia non é importante dende Madrid, somos só o 5% do PIB e o 6% da poboación. NCG era sistémico no noso país (30% depósitos e 40% dos créditos hoxendía), pero para Madrid era un Banco periférico, fronte a Bankia, que era o grande Banco sistémico. Cumpría que Bankia fose quen de recuperar forzas para ser un grande campión financeiro español. NCG non. Non era importante e podía usarse ao xeito de ensaio para “testar o apetito dos mercados”. Ademáis, que Galicia perdese o seu sistema financeiro cadraba no esquema de Rajoy e Guindos. Mellor poucos bancos e con sede central en Madrid, quitando o que lle haxa que aturar a cataláns e vascos. A exclusión financeira das familias e das pemes galegas non lle preocupaba ao Goberno do Estado.

"Perdéronse case 9.000 M€ públicos polas presas e polo desleixo do Goberno".  

Perdéronse case 9.000 M€ públicos polas presas e polo desleixo do Goberno.  E demostrouse que Galicia só pode defender as súas finanzas, a súa produción ou o seu benestar dende o exercicio dun poder político de noso. Non temos dimensión para influir no Estado por número, ao xeito catalán ou andaluz. Só podemos salvar o noso dende un ámbito blindado de autogoberno. Para os galegos NCG- agora Abanca- era sistémica, era fulcral.Para o Estado español non. Era sacrificábel.

Para chegar a estas conclusións non é preciso definirse como galeguista. Abonda con sentir este país e sumar dúas e dúas. Velaí o necesario de accións transversais  que fagan de ponte entre galegos.

Comentarios