Opinión

A parcialidade do alcalde da Coruña

A propiedade privada non é un dereito absoluto. Calquera propietario pode ser privado do seu terreo ou vivenda por razóns xustificadas de utilidade pública ou interese social e a medio do pagamento da correspondente indemnización (xusto prezo). 

A propiedade privada non é un dereito absoluto. Calquera propietario pode ser privado do seu terreo ou vivenda por razóns xustificadas de utilidade pública ou interese social e a medio do pagamento da correspondente indemnización (xusto prezo). Na Coruña existen 15.000 vivendas baleiras, polo que semella que a construción das 2100 vivendas previstas no chamado Ofimático (sector 10 do Plan Xeral do 1998) non é a principal prioridade cívica nun concello cun índice de emprego industrial por volta do 13%, sinal do grave subemprego que vive a nosa Marineda. Malia isto, Isabel-75 anos- e o seu fillo Álvaro veñen ser despexados da súa casa (que foi xa destruída) e do seu medio de vida (o taller de motos de Alvaro, que desapareceu tamén).

"Un roubo legal”, dicía o venres un vello veciño de Elviña, a parroquia de pertenza dos expropiados". 

Non é novo. Pasou xa cos lugares do Curro e da Hermida, en Culleredo, onde toda a súa veciñanza tivera de abandonar estes lugares, poboados dende o século XII, por mor da ampliación dunha pista do aeroporto coruñés no 2010.Un proxecto de 120 M€ para só 400 m. do socialista Xosé Blanco, anulado canto á urxente ocupación dos terreos polo Tribunal Supremo e que só saiu adiante pagando cos cartos de todos prezos fóra de mercado que “incentivaran” o éxodo dos multiseculares habitantes destes núcleos de poboación.

No caso de Isabel e Alvaro recebiron en troques do seu terreo unha parcela edificábel de 500 m2 que ninguén lles merca e os cartos percebidos pola expropiación da súa casa fóronlles retidos para o pagamento dos custos de urbanización, os máis caros nunca acadados nunha urbanización da Coruña, pois que chegaron á tolemia de 42 M€. “Un roubo legal”, dicía o venres un vello veciño de Elviña, a parroquia de pertenza dos expropiados. A inxustiza da situación agrávase, nun ámbito no que ningún promotor constrúe aínda por mór da falla de demanda, polo feito de que a urxencia do despexo viña esixida para construir un paso elevado pouco necesario.

"150 extremistas atléticos, de ideoloxía fascista, agardaban polos deportivistas sen que haxa probas de que houbese un repto previo".

O alcalde Negreira puido buscar, no seu intre, solucións axeitadas. Mais preferiu enviar á Policía. A cidadanía pregúntase como poden estar tan afastados os gobernantes e os gobernados e como o goberno municipal partilla tan poucos valores coa maioría social coruñesa.

 A ARRINCADEIRA.- O asasinato de Jimmy no Madrid Río.

A morte do afeccionado  Jimmy en Madrid foi un asasinato na mesma porta do “Vicente Calderón”. 150 extremistas atléticos, de ideoloxía fascista, agardaban polos deportivistas sen que haxa probas de que houbese un repto previo. Hai quince anos extremistas atléticos mataron ao afeccionado da Real Aitor Zabaleta, polo que, malia o extremismo violento destes seareitos atléticos, non se entende que fose considerado un partido de “baixo risco”

Hai equipas futbolísticas que alentan aos seus seareiros violentos. O Dépor nunca o fixo nin o está a facer. Son responsábeis-non culpábeis, pero responsábeis-a Liga do Fútbol Profesional, o Ministerio do Interior e o Atlético de Madrid. 

Comentarios