Opinión

Os gandeiros e a libre competencia

As  sancións impostas polas autoridades estatais da Competencia ás grandes industrias leiteiras reflicten  que o sector da transformación láctea xoga coa inestabilidade da demanda  (“mañán non che recollo ou che recollo só a metade”),  coa estabilidade da oferta e  co carácter perecedoiro do produto (“mañá produzo outros dous mil litros e teño que vendelos xa”) para acadar prezos moi baixos que moitas veces non acadan os custos de produción.

As  sancións impostas polas autoridades estatais da Competencia ás grandes industrias leiteiras reflicten  que o sector da transformación láctea xoga coa inestabilidade da demanda  (“mañán non che recollo ou che recollo só a metade”),  coa estabilidade da oferta e  co carácter perecedoiro do produto (“mañá produzo outros dous mil litros e teño que vendelos xa”) para acadar prezos moi baixos que moitas veces non acadan os custos de produción. Mais tamén demostran que as máis sobranceiras destas empresas pactaron para poder manter estes prezos (“ti non lle ofrezas máis”) ou mesmo baixalos.

 "A Xunta e o Goberno do Estado renuncian garantir a libre concorrencia, chave da economía de mercado que proclama a vixente Constitución. Porque vender por baixo dos custos de produción  é ilegal". 

O sector da grande transformación leiteira, mentres, recebe o apoio por parte da Consellería do Medio Rural e do Ministerio de Agricultura. A propria Ministra amosou a súa preocupación polas consecuencias qiue puideran xerar estas sancións no sector.

Velaí como a Xunta e o Goberno do Estado renuncian garantir a libre concorrencia, chave da economía de mercado que proclama a vixente Constitución. Porque vender por baixo dos custos de produción  é ilegal. por se tratar dunha práctica que tende a eliminar a competencia e pór o mercado na mán duns poucos operadores. Para máis, o sector lácteo precisa da estabilización temporal das relacións contractuais. É dicir, dos contratos escritos, que dean seguranza nun medio prazo ás partes canto ao prezo e as condicións de recollida . Tolerar os acordos verbais revogábeis en 24 horas é  xogar co sector da produción, moi endebedado polo esforzo pasado de modernización produtiva.

"O conselleiro nacionalista Suárez Canal demostrou que se podía traballar pola estabilización dos contratos neste sector" 

No seu día, o conselleiro nacionalista Suárez Canal demostrou que se podía traballar pola estabilización dos contratos neste sector . Pola súa banda, o sector das telecomunicacións  amosou que a competencia real beneficia aos consumidores. Logo o camiño habería estar claro.

Mais a  libre competencia  ven esixida polo Dereito europeo e non pertence aos valores da dereita española, que tende a regular os sectores esenciais no beneficio dos oligopolios de determinadas-e históricas- elites financeiras de Madrid. Unha dereita española que non acredita na libre competencia, senón no capitalismo “castizo” do BOE. 

Comentarios