Opinión

Galicia e a reforma constitucional

Poucos dubidan xa, arestora, que o comezo do mandato do novo Xefe de Estado vai traer, máis cedo ca  tarde, a reforma constitucional. Probábelmente  máis unha fonda reforma ca unha total mutación, pero de certo tamén  máis ca unha cosmética remuda.

Poucos dubidan xa, arestora, que o comezo do mandato do novo Xefe de Estado vai traer, máis cedo ca tarde, a reforma constitucional. Probábelmente  máis unha fonda reforma ca unha total mutación, pero de certo tamén máis ca unha cosmética remuda.

"Poucos dubidan xa, arestora, que o comezo do mandato do novo Xefe de Estado vai traer, máis cedo ca tarde, a reforma constitucional".

Penso que non teño que explicar moito a corrente maioritaria ou, polo menos,  presente nas sociedades vasca e catalá. Están xa, ambas as dúas, noutra dimensión. Que non exclúe de certo, en todos os escenarios, algún xeito futuro de vencello político co estado español. Mais vascos e cataláns mentalmente están xa noutras coordenadas. Mesmo os chamados unionistas.

Naturalmente isto non deixa de ser un problema deles. Mais tamén noso. Somos o 5% do PIB e o 6% da poboación do Estado. Quere dicir que achegamos ben pouco, en termos cuantitativos. A nosa especificidade nacional apenas reside aínda nunha Disposición transitoria Segunda da Constitución que, canda o noso Estatuto, recoñece o noso carácter propio e nacional. Queremos seguer a mantelo? Que pensa a nosa sociedade? U-lo noso Goberno?  U-las nosas forzas políticas, sociais e empresariais?

É certo que os problemas sociais e persoais son, arestora, moito máis punxentes ca os estritamente nacionais. Mais tamén é verdade que esa diferenza, ese dereito recoñecido a sermos distintos tradúcese, de xeito actual e. moito máis- potencial, en actividade económica, en PIB, en riqueza. E, dende o parámetro do galeguismo, en cohesión social.

"Ese dereito recoñecido a sermos distintos tradúcese, de xeito actual e. moito máis- potencial, en actividade económica, en PIB, en riqueza. E, dende o parámetro do galeguismo, en cohesión social".

Vaise abrir, si ou si, un proceso de remuda xurídico-política, de reforma constitucional. Onde estamos ou queremos estar os galegos nese proceso? Que queremos ser de maiores, cando o século XXI siga a avanzar nas nosas vidas? Somos conscientes que sermos como Murcia ou a Rioxa nos vai converter nun ente con só un 5% de influencia dun Estado español que asumirá unha función de terceira orde no contexto europeo?

Velaí que a sociedade galega, como fixo para defender a galeguidade de NCG, terá que se definir perante este repto. O que apela, de primeiras,ao galeguismo, mais tamén ao Goberno deste País, as súas elites e aos partidos estatais.

Porque o que perda este tren xa non o dará collido.

Comentarios