Opinión

O galeguismo útil

Case medio millón de galegos residen fóra do Estado (25% do total estatal). Se a isto lle engadimos un desemprego do 22% e un 54,3% de poboaciòn activa- fronte ao 59,6% estatal- podemos albiscar a magnitude da recesión en Galicia, alimentada por delongadas políticas de austeridade. Mais non son só as políticas da austeridade as que fracasan.

Case medio millón de galegos residen fóra do Estado (25% do total estatal). Se a isto lle engadimos un desemprego do 22% e un 54,3% de poboaciòn activa- fronte ao 59,6% estatal- podemos albiscar a magnitude da recesión en Galicia, alimentada por delongadas políticas de austeridade. Mais non son só as políticas da austeridade as que fracasan. Tamén fracasan as políticas da dependencia e da subordinación, as que non son quen a reactivar os noso sectores mar-industria e monte-industria, as que non poñen en valor os nosos portos como grande hub entre a nova canle de Panamá e a rica Europa do Mar do Norte. Ou as que non poden garantir un potente sector enerxético ou un medio rural ordenado e produtivo.

"Case medio millón de galegos residen fóra do Estado (25% do total estatal). Se engadimos un desemprego do 22% e un 54,3% de poboaciòn activa- fronte ao 59,6% estatal- podemos albiscar a magnitude da recesión"

Para irmos cara políticas de èxito compre desenvolvermos un amplo autogoberno financiado a xeito. Mais, por riba de todo, compre acreditar neste País. Galicia ten demostrado abondo a súa capacidade de resistir. Compre agora que poida desenvolver un proxecto autocentrado e propio, aberto á España e Europa todas. 

A fonda crise do bipartidismo dinástico actual xera as mellores oportunidades para que o galeguismo político puidera representar ese papel de liderado e remuda. Mais ocorre que, tanto o BNG como Anova, priorizan un discurso de parte sobre un discurso global. E pòdenlles a teoría e os apriorismos ideolòxicos sobre a capacidade de solucionar problemas e dialogar coa sociedade civil. Unha sociedade que vive tamèn procesos de remuda e transformación que o galeguismo màis radical nin entendeu nin dixeriu.

"O galeguismo político sò ten sentido como forza de goberno e como praxe aberta, universal e integradora da cidadanìa toda".

O recentemente falecido Iñaki Azkuna, alcalde de Bilbao, foi bò representante desa nova mensaxe e estilo que precisa o galeguismo político. Porque soubo compatibilizar o seu nacionalismo vasco co imperativo que se impuxo de ser o alcalde de todos. Amosando que unha cidade socialmente cohesionada e con proxecto de seu è imparàbel.

O galeguismo político sò ten sentido como forza de goberno e como praxe aberta, universal e integradora da cidadanìa toda. Dirixir a sùa mensaxe à sociedade no seu conxunto e non sò a unha parte dela será, nos anos vindeiros, o seu grande repto. 

Comentarios