Opinión

Galeguidade empresarial

Dous son os eixos de toda sociedade cohesionada, inclusiva e de futuro: o emprendemento empresarial nun clima axeitado que fomente a creatividade privada e un Estado do Benestar constituído por unha mesta urdime de servizos públicos financiados a xeito e prestados dende parámetros de calidade total, transparencia e servizo público.

Dous son os eixos de toda sociedade cohesionada, inclusiva e de futuro: o emprendemento empresarial nun clima axeitado que fomente a creatividade privada e un Estado do Benestar constituído por unha mesta urdime de servizos públicos financiados a xeito e prestados dende parámetros de calidade total, transparencia e servizo público.

 "A propria acción do Foro Peinador semella máis solidaria da política lingüística de recuperación do consenso que propoñen colectivamente as forzas da oposición".

Hai días, o Foro Peinador celebraba no Parlamento perante máis dun cento e medio de empresarios o “Día da Galeguidade Empresarial” arredor da asunción da lingua e da identidade como sinal de diferenza e compromiso de calidade que forma parte xa do ADN de empresas como R, San Luis ou Progando. Mágoa que PSOE, BNG e AGE confundisen os conceptos e non apoiasen esta iniciativa, cando o certo e que a propria acción do Foro Peinador semella máis solidaria da política lingüística de recuperación do consenso que propoñen colectivamente as forzas da oposición.

Un País con futuro ha ter empresas de presente e futuro. Por exemplo, non nos pode ser indiferente a quen lle merquemos. Porque mercando en Gadis ou nas outras superficies comerciais galegas promovemos a creación de valor neste País. Fagan vostedes a proba e comparen a presenza de provedores galegos de viños, froita, leite, ovos ou carne nunha superficie de capital galego e noutra de capital foráneo.

"As empresas galegas precisan do acompañamento dun autogoberno forte que mire polos seus intereses".

Mais as empresas galegas precisan do acompañamento dun autogoberno forte que mire polos seus intereses. O Goberno central sempre mira polas grandes empresas españolas, polo que compre equilibrar nos mercados esta deriva a prol dos grandes. Apoios reais á exportación e á internacionalización, unha oferta de banca corporativa pública para empresas de mediana fasquía e e medidas lexislativas que protexan as nosas denominacións de orixe e o noso comercio de proximidade xunto cunha activa promoción da marca-país. Medidas, case todas elas, que dependen máis da forza do noso autogoberno ca de esquerdas ou dereitas.
             

Comentarios