Opinión

A fin da austeridade europea?

A súpeta renuncia do Xefe de Estado descadrou ao Goberno Rajoy e abriu o debate sobre o dereito a decidir da cidadanía a respecto dos alicerces fundamentais da convivencia nos próximos anos, mesmo a forma de Estado e o encaixe territorial das distintas nacións españolas. Mais pouco se ten debullado a respecto da eventual concorrencia entre as novas medidas pro-crecemento do Banco Central Europeo (BCE) e o debate constitucional que se está a abrir no Estado.

"Os pasados resultados electorais acenderon todas as alarmas que miden a desafección cívica cara o proxecto europeo"

É indubidábel que o paquete aprobado polo BCE chega tarde, despois dunha política monetaria xeradora de recesión, desemprego e queda do crédito e da actividade económica en case toda Europa. A UE ten estragado moito tempo de sangue, suor e bágoas, sobre todo en comparanza coa decidida política expansiva dos Bancos de Suiza, Inglaterra e Xapón e da Fed dos USA. Mais as medidas de Dragui van xerar resultados evidentes; reactivarase, con limitacións, o crédito ás empresas e ás familias para merca de bens de consumo, a exportación beneficiarase dun recurte moderado do valor do euro e as Administracións Públicas poderán rebaixar substancialmente os seus obxectivos de consolidación fiscal.

"Poderían ficar desaproveitadas se a Xunta e o Goberno do Estado non modifican substancialmente as súas políticas de irresponsábel “austeridade” e de desmontaxe dos servizos públicos e eliminación do pulo á inovación"

Esta remuda non é casual e está directamente vencellada aos pasados resultados electorais, que acenderon todas as alarmas que miden a desafección cívica cara o proxecto europeo. Mais poderían ficar desaproveitadas se a Xunta e o Goberno do Estado non modifican substancialmente as súas políticas de irresponsábel “austeridade” e de desmontaxe dos servizos públicos ( nomeadamente sanidade, educación, servizos sociais) e eliminación do pulo á inovación, Ou se o Goberno do Estado non modifica urxentemente a súa suicida política enerxética, que penaliza gravemente a competitividade das empresas  galegas (sendo Galicia un país esencialmente priodutor de enerxía), nomeadamente ás industriais.

Son tempos de debate cidadán para unha fonda revisión do noso marco institucional. Sería bó, xa que logo, aproveitalo para propiciar un grande pacto social e político a prol da implantación de políticas de crecemento e de blindaxe do Estado do Benestar. Seica non haberá mellor oportunidade. 

Comentarios