Opinión

A extorsión eléctrica

Na economía de mercado é esencial a libre concorrencia.  E precisaremos dun Regulador que mire só polo  consumidor canto menor sexa o grao de concorrencia e maior a concentración empresarial do sector.

Na economía de mercado é esencial a libre concorrencia. E precisaremos dun Regulador que mire só polo  consumidor canto menor sexa o grao de concorrencia e maior a concentración empresarial do sector.

"A distribución de enerxía en España é un mercado oligopolístico de tres  empresas (Gas Natural-Fenosa, Iberdrola e Endesa) que non compiten de feito, mantendo acordos fácticos que lles garanten cadansúa posición territorial de monopolio".

A distribución de enerxía en España é un mercado oligopolístico de tres  empresas (Gas Natural-Fenosa, Iberdrola e Endesa) que non compiten de feito, mantendo acordos fácticos que lles garanten cadansúa posición territorial de monopolio. Por outra banda, son empresas de elevada capitalización bursátil que manteñen relacións privilexiadas co Poder estatal e cos partidos do bipartidismo dinástico PP-PSOE (Felipe González é conselleiro de Gas Natural-Fenosa e José María Aznar asesor de Endesa), inspirando, deste xeito, a política tarifaria, a regulación do sector e mesmo a execución no día a día da regulación.

O problema tense agravado coa política desenvolvida polo ministro Soria. A tarifa eléctrica e a ruptura das regras do xogo canto á produción de renovábeis condenou a millóns de usuarios á pobreza enerxética, incrementou substancialmente os custos de produción da industria e reduciu a retribución percebida por ésta pola coxeración, prexudicando gravemente a súa competitividade no peor desta depresión.

"Galicia é a gran prexudicada desta inxusta regulación. Porque pagamos máis cara a enerxía, penalízandose a produción para subvencionar o custoso transporte, nunha regulación feita no interese do Madrid consumidor e nunca produtor".

Galicia é a gran prexudicada desta inxusta regulación. Porque pagamos máis cara a enerxía, penalízandose a produción para subvencionar o custoso transporte, nunha regulación feita no interese do Madrid consumidor e nunca produtor. Porque a ruptura das regras de xogo na metade do partido inviabilizou  o noso sector eólico, onde hai só 5 anos éramos líderes europeos e mundiais. Porque os nosos concellos sofren unha sobrefacturación ao lles aplicar Gas Natural unha discriminación horaria non axeitada, que detraeu ilegalmente millóns de euros dos concellos que se terían destinado a servizos sociais.

O sistema enerxético español prexudica ás empresas e familias para lle garantir ás tres empresas distribuidoras uns ingresos nunca xustificábeis no mercado. Unha vez máis, velaí a mentalidade arancelaria, allea á libre concorrencia, do rexistrador da propiedade Mariano Rajoy Brey.   

Comentarios