Opinión

Empresa galega precisa crédito

Opinión

Empresa galega precisa crédito

En varias ocasións EL CORREO GALLEGO ten advertido da continua restrición de crédito que vivimos dende hai 6 anos na Galicia. Ao longo de 24 trimestres seguidos éste baixou continuadamente.  Por outra banda, a relación entre depósitos (4,5 % do total estatal ao termo do 2012) e créditos (3,4% nesas datas) amosa que Galicia segue a ser financiadora neta doutros países do Estado. 

En varias ocasións EL CORREO GALLEGO ten advertido da continua restrición de crédito que vivimos dende hai 6 anos na Galicia. Ao longo de 24 trimestres seguidos éste baixou continuadamente.  Por outra banda, a relación entre depósitos (4,5 % do total estatal ao termo do 2012) e créditos (3,4% nesas datas) amosa que Galicia segue a ser financiadora neta doutros países do Estado. 

"As empresas galegas, nomeadamente as pemes que constitúen a súa amplísima maioría, enfrontan unha seca crediticia que mesmo afoga empresas viábeis". 

As empresas galegas, nomeadamente as pemes que constitúen a súa amplísima maioría, enfrontan unha seca crediticia que mesmo afoga empresas viábeis. Papel comercial de calidade non atopa desconto que lles anticipe liquidez á moitas empresas galegas. As esixencias de cobertura de recursos propios sobre alleos (9%)  prexudican nomeadamente esta modalidade crediticia, diante dunha conxuntura na que os Bancos teñen ben díficl acadar ese plus de capitalización que lles permita facer fluir o crédito.

Porén, son as pemes as máis prexudicadas por esa seca crediticia. Ao longo do 2011 o tipo medio de xuro das operacións de crédito superiores a 1M€ acadou o 2,8% e as inferiores, as propias das pemes, chegou ao 8.6%. Moitos empresarios refiren estar pagando tipos efectivos do 10%, mentres moita da grande Banca estatal prioriza a grande empresa como cliente e mira con prevención o negocio minorista.

"Velaí a importancia de non restrinxira oferta financeira e garantir que Nova Galicia Banco poida seguer a ofrecer oferta minorista ás familias e pemes galegas.A única posibilidade  é a aposta polos Fondos internacionais que coordina o Fondo Gugengheim."

Velaí, pois, a importancia de non restrinxir aínda máis a oferta financeira e garantir que Nova Galicia Banco poida seguer a ofrecer oferta minorista ás familias e pemes galegas. E a única posibilidade de que isto sexa posíbel, diante da actual conxuntura de venda, é a aposta polos Fondos internacionais que coordina o Fondo Gugengheim.  Son éstes os únicos que,pola súa ausencia de rede, poden garantir o emprego, o domicilio social para efectos de pagamento de impostos na Galicia e unha organización  autónoma que limite os terríbeis efectos da exclusión financeira que produce o actual oligopolio bancario.

Para alén diso, non esixirán protección de activos, desfrutarán de moitos menos créditos fiscais e achegarán unha moderada inxección que permita recuperar parte dos cartos investidos no saneamento. 

comentarios