Opinión

Concesións transparentes e eficientes

Quizais unha das máis graves consecuencias dos últimos escándalos sobre a corrupción en Galicia sexa o notábel dano sofrido a respecto da confianza da cidadanía na  xestión dos servizos públicos que os concellos prestan en réxime de concesión. Existen dúbidas moi fundadas sobre a neutralidade da actuación de determinados políticos municipais, nomeadamente dos dous partidos maioritarios, canto á preparación, adxudicación e mesmo cumprimento e modificación de determinados procesos de contratación pública.

"Quizais unha das máis graves consecuencias dos últimos escándalos sobre a corrupción en Galicia sexa o notábel dano sofrido a respecto da confianza da cidadanía na  xestión dos servizos públicos que os concellos prestan en réxime de concesión"

A falla de transparencia é unha das chatas fundamentais nestes procesos. O sector privado carece dun mapa claro sobre a vixencia, prezo, posibilidade de prórroga, persoal afecto,etc. das principais concesións. Deste xeito, as distintas empresas non poden preparar con tempo e dedicación propostas contractuais que xerarían moi probábelmente mellores ofertas e máis eficacia na prestación do servizos. Máis transparencia é, sempre, máis eficiencia.

Outra caste de eivas teñen unha nidia orixe lexislativa. Como a que permite formular ofertas claramente desproporcionadas ou anormais, nas que se sitúan as antigamente chamadas “baixas temerarias”.A solución normativa arestora vixente non é acaída, porque lles outorga ás Administracións Públicas amplísimas facultades para non considerar esta desproporción na normativa contractual ou para non considerala como eliminante na adxudicación. Exemplos temos a eito de propostas absolutamente anormais que, porén, obteñen a adxudicación contractual coma ponte a unha modificación (ou reformado) que lle salva os números á temeraria empresa adxudicataria, con grave dano poara o interese público e para a libre concorrencia empresarial.

E, en último de contas, outra caste de medidas teñen a ver con procesos que garantan a meirande obxectividade, neutralidade e transparencia na adxudicación dos principais contratos, a medio da incorporación de representantes de todos os grupos municipais ás Mesas Xerais de Contratación ou para evitar esixir, de feito, unha dimensión empresarial que impida o acceso aos concursos públicos ás nosas pequenas e medianas empresas.

Comentarios