Opinión

Coalicións técnicas ao Parlamento Europeo

O bipartidismo dinástico PP-PSOE estableceu, no xa lonxano 1987, unha circunscrición electoral única para todo o Estado, contra o que ocorre nos demáis grandes Estados da UE como Francia, o Reino Unido (onde hai circunscricións específicas para Gales, Escocia ou o Ulster irlandés) Alemania, Italia ou Polonia. No 2004 este sistema electoral duplemente favorecedor dese bipartidismo (a medio da pro-maioritaria regra D´Hondt e da circunscrición única estatal) outorgoulle aos dous partidos maioritarios o 90% dos escanos. 

O bipartidismo dinástico PP-PSOE estableceu, no xa lonxano 1987, unha circunscrición electoral única para todo o Estado, contra o que ocorre nos demáis grandes Estados da UE como Francia, o Reino Unido (onde hai circunscricións específicas para Gales, Escocia ou o Ulster irlandés) Alemania, Italia ou Polonia. No 2004 este sistema electoral duplemente favorecedor dese bipartidismo (a medio da pro-maioritaria regra D´Hondt e da circunscrición única estatal) outorgoulle aos dous partidos maioritarios o 90% dos escanos. Lóxico. Levan gobernando máis de 30 anos e fixeron o Dereito electoral á medida dos seus intereses.

"Agás as candidaturas do BNG nos 1994 e 1999, sobrancearon sempre as coalicións técnicas que permitiron acadar representación"

Fronte estes feitos consumados, as forzas políticas de decisión galega, os galeguistas, houberon reaxir. E teceron alianzas técnicas con forzas nacionalistas e autonomistas doutras nacións e territorios do Estado, coa fin de obter representación. De feito, agás as candidaturas do BNG nos 1994 e 1999, sobrancearon sempre as coalicións técnicas que permitiron acadar representación: José Posada foi eurodeputado de CG en coalición co PNV e CC no 1993-1994 e Ana Miranda foi eurodeputada do BNG nesta última lexislatura, en coalición con ERC e EA. Carlos Garaikoetxea (EA) foi eurodeputado (1987-1994) e defendeu os intereses galegos dende o prisma dos seus coaligados do PNG-PG. Ao longo de todos estes anos, as forzas galegas obtiveron atención parlamentaria e apoio técnico no Parlamento Europeo para poder desenvolver a súa política aló, calquera que for o eurodeputado da coalición de quenda que nese intre desenvolvera a función.

"Xuntan votos, loitan contra a exclusión europea das periferias e tentan defendelos intereses específicos de cadanseus países. Nin van gobernar  xuntos nin van casar".  

As razóns desta versatilidade atópanse no carácter nomeadamente técnico desta caste de coalicións. Vascos, canarios, cataláns e galegos coalíganse por razóns pragmáticas, para evitaren o veto do bipartidismo e para que cadanseus electorados e países poida ver representados os seus intereses na Europa. 

Xa que logo, CXG non lle fará favor ningún ao PNV ou CDC como o BNG non llelo fixo no 2009 a ERC e EA. Xuntan votos, loitan contra a exclusión europea das periferias e tentan defendelos intereses específicos de cadanseus países. Nin van gobernar  xuntos nin van casar.  

Comentarios