Opinión

Os carburantes máis caros

Resultan paradoxais algunhas das chatas que padece a economía galega. Sofrimos os custos ambientais de producir grande cantidade de enerxía eólica e hidroeléctrica, exportamos a metade da enexía que producimos e a lei eléctrica española nos prexudica cun prezo máis caro para os nosos fogares e industrias, nun esquema tarifario pensado para favoecer o grande consumo domèstico e de servizos de Madrid, que non produce electricidade.

Resultan paradoxais algunhas das chatas que padece a economía galega. Sofrimos os custos ambientais de producir grande cantidade de enerxía eólica e hidroeléctrica, exportamos a metade da enexía que producimos e a lei eléctrica española nos prexudica cun prezo máis caro para os nosos fogares e industrias, nun esquema tarifario pensado para favoecer o grande consumo domèstico e de servizos de Madrid, que non produce electricidade. E, tamén, sofrimos os custos ambientais de mantermos unha refinaría n’A Coruña e pagamos o gasóleo e a gasolina máis caros do Estado español.

"Estamos nas máns dun oligopolio, por non dicir abuso da posición dominante de Repsol en prexuizo das empresas e dos consumidores galegos". 

Cál é o problema? Canto ao custo antes de impostos, o problema é que a libre concorrencia na Galicia non está a funcionar. O factor de redución relativa de prezos que noutras áreas do Estado supuxo a implantación  de novas estacións de servizo independentes non funcionou no noso País, nomeadamente pola inactividade das autoridades estatais e autonómicas da Competencia e pola falla de reacción da Xunta canto a unha simplificación dos trámites administrativos que permitan mellorar a competencia entre operadores e atraer estas empresas independentes. Mentres, estamos nas máns dun oligopolio, por non dicir abuso da posición dominante de Repsol (case 56% do mercado galego) en prexuizo das empresas e dos consumidores galegos. A recente baixa do prezo do crú non se transladou proporcionalmente ao consumidor, sinal inequívoco dun mercado falseado polos operadores dominantes.

"Cada litro de carburante grávase na Galicia cunha taxa de 4,8 cents, a máis alta do Estado desque foi duplicada ao comezo do ano 2014. Unha taxa que teoricamente financia a sanidade", 

Canto á fiscalidade, cada litro de carburante grávase na Galicia cunha taxa de 4,8 cents, a máis alta do Estado desque foi duplicada ao comezo do ano 2014. Unha taxa que teoricamente financia a sanidade, malia que non é quén de resolver os gravísimos problemas de xestión da sanidade galega patentes no colapso das urxencias no inverno, a substancial diminución da asistencia no verán, co peche de 2600 camas e a redución xeral da calidade asistencial, que negara a Xunta, pero que calquera usuario galego é quén de confirmar.

Temos, pois, o gasóleo e a gasolina máis caros do Estado e dos máis caros da Unión Europea. Soportando sobre deles unha fiscalidade desaquelada que non nos evita os graves recurtes que estamos a sofrir na nosa sanidade.

Comentarios