Opinión

O café para todos

O recente pasamento de Adolfo Suárez lémbranos dos erros da transición canto ao desenvolvemento autonómico. Uns erros que se deron, nomeadamente, nos anos posteriores, porque o deseño constitucional respostaba a criterios moito máis acaídos.

O recente pasamento de Adolfo Suárez lémbranos dos erros da transición canto ao desenvolvemento autonómico. Uns erros que se deron, nomeadamente, nos anos posteriores, porque o deseño constitucional respostaba a criterios moito máis acaídos.
 
A Constitución recoñeceu que Galicia, Cataluña e Euskadi, por ter plebiscitado cadanseu Estatuto na República, tiñan dereito ao acceso inmediato a unha autonomía política, con  cadanseu Parlamento e Tribunal Superior de Xustiza. Deseñábase un Estatuto de Autonomía “paccionado”, a negociar bilateralmente e ratificar nun referendum autonómico que de seu implicaba un certo recoñecemento do dereito a decidir. Definíanse Galicia, Cataluña e Euskadi como realidades políticas preconstitucionais facilitándolles cadanseu “status” de amplo autogoberno. A estes territorios engadíaselle Navarra, á quen se lle reintegraba o seu Foro, contemplándose a posibilidade futura de se integrar  con Euskadi.
 
Canto aos restantes territorios, deseñouse un sistema aberto, onde eran as rexións as que tiñan que lle dar pulo á súa transformación en Comunidades Autónomas, mais dirixidas a un réxime competencial e institucional moito máis reducido, que podería ficar na mera autonomía administrativa sen Parlamento.  Abrindo a porta para que as autonomías non históricas puidesen acceder á autonomía plena das nacionalidades a medio dun esixente referendum ou amplíasen o seu autogoberno aos cinco anos.
 
Este esquema rachouse coa política do “café para todos” que chegou ao enxendro xurídico de igualar as competencias das nacionalidades coas das rexións a medio da transferencia de competencias exclusivas do Estado. E Aznar púxolle o ramo á obra transferindo a sanidade e a educación a territorios que nin querían nin precisaban a xestión descentralizada destas importanets competencias.
 
Como lle eu dixen este día a Jordi Évole: “o erro foi o café para todos. E ficamos con úlcera de tanto café”. 

Comentarios