Opinión

Anxo Quintana e o galeguismo do futuro

 Anxo Quintana  voltou comparecer publicamente nunha ateigada sala ourensá para certificar a mala saúde política do noso País e para chamar á cidadanía á unha revolta pacífica que garanta que Galicia  non fique illada e esquecida no panorama de mutación constitucional que xa se albisca.

 Anxo Quintana  voltou comparecer publicamente nunha ateigada sala ourensá para certificar a mala saúde política do noso País e para chamar á cidadanía á unha revolta pacífica que garanta que Galicia  non fique illada e esquecida no panorama de mutación constitucional que xa se albisca.

"Unha das ideas-forza da súa exposición insiste en que moitos dos problemas da economía galega non dependen da aplicación de polìticas de dereita ou de esquerda, senón do peso que teña Galicia".

Unha das ideas-forza da súa exposición insiste en que moitos dos problemas da economía galega, como as crises dos sectores pesqueiro, naval, leiteiro ou agrogandeiro ou a discriminación enerxética non dependen da aplicación de polìticas de dereita ou de esquerda, senón do peso que teña Galicia. Para o Estado   só achegamos o 5% do PIB e o 6% da poboación e, xa que logo, o leite, a pesca ou o naval non son sectores estratéxicos e si, en troques, as laranxas ou o aceite. Velaí que o máximo autogoberno posíbel sexa esencial para o benestar da cidadanía galega. E moito máis aínda que para os vascos ou cataláns, porque a economía galega ten outros alicerces distintos da española e precisa dunha política propia para desenvolver as súas  potencialidades.

A outra idea fulcral considera que o galeguismo político ou o nacionalismo (o antigo vicepresidente da Xunta considerou sinónimos os dous conceptos) han dirixirse á maioría social que, sen se definir como galeguista, considere prioritario o progreso e o benestar de Galicia e se identifique co País. Neste senso, o galeguismo político habería non incorrer nos erros do pasado e integrar esta maioría social,  tamén aos que pensan e viven o país falando castelán. 

"Para o antigo vicepresidente existen tres espazos políticos: dereita española, esquerda española e galeguismo/nacionalismo"

Para o antigo vicepresidente existen tres espazos políticos: dereita española, esquerda española e galeguismo/nacionalismo, sen prexuizo da pluralidade de forzas que operen en cada espazo. E a ampliación do autogoberno (tan precisa para o noso benestar e desenvolvemento económico) no horizonte da futura remuda constitucional dependerá directamente da forza do espazo político do galeguismo.

Mais hoxendía Galicia está ausente do debate sobre o futuro do Estado e corremos o risco de que fique excluída das decisións reitoras da etapa politica que se vai abrir. Velaí que cumpra, ao xuizo de Anxo Quintana un rearme cidadán, dende a base, para evitar que outros decidan o futuro deste país.

Comentarios