Opinión

Análise crítica das medidas económicas (I)

I) Administracións Públicas: a Unión Europea (UE) suspendeu as limitacións ao déficit público, mais o Estado non lle trasladou esta medida ás Administracións autonómicas e locais, sendo como é fulcral para a atención aos máis vulnerábeis e para salvarmos o recido produtivo. Só se flexibilizou a norma no senso de lle permitir aos concellos investir o superávit 2019 en gastos sociais.

II) Medidas fiscais e de SS: o Goberno do Estado mantén a obriga de autoliquidar en cadansúas datas o IRPF 2019 e o 1T do IVE 2020, cando milleiros de microempresas e autónomos e millóns de consumidores carecen do grao de dixitalización preciso. As liquidacións poden ser aprazadas sen xuros durante tres meses e outros tres cos xuros do 5%. Suspéndese o pagamento dos pagos xa aprazados anteriormente, mais en principio só até o 30 de abril e 20 de maio.

Son, por xunto, medidas curtas e cativeiras. Ademáis, a cota empresarial da SS continúa sendo plenamente esixíbel, sen que poida ser aprazada sen recarga do 10%. E a de Autónomos (REA) tamén.

Varias Administracións autonómicas, pola contra, aplicaron medidas xeralizadas de suspensión das autoliquidacións por tributos propios e cedidos.

III) Regulacións temporais de emprego (ERTES): a ferramenta fundamenta da política de protección das empresas e rendas laborais é a nova regulación do ERTE. No caso que a emerxencia sanitaria (forza maior) atinxa directa o substancialmente á actividade dunha empresa, ésta poderá suspender ou reducir xornada a respecto dos seus contratos laborais se a Xunta de Galicia lle valida esa forza maior . O Estado págalle ás persoas traballadoras un 70% da súa base reguladora dos últimos seies meses e a empresa non pagaría cota empresarial da SS neste tempo. Se a afectación non é directa ou substancial, mais xera causas económicas, produtivas ou organizativas, a Empresa poderá adoptar una decisión análoga sen contar co validamento da Xunta, mais precisará negociar cos representantes de persoal antes. Neste caso a cota empresarial da SS vai por conta da empresa.

Un problema fulcral até de agora foi a existencia de actividades económicas zombies, teóricamente autorizadas, mais na práctica economicamente pouco viábeis nesta conxuntura. O confinamento total xa acordado, agás actividades esenciais, permitirá esta caste de actividades zombies para poder autoregularse a medio destes ERTES.

Durante o tempo da emerxencia ficou prohibido o despedimento obxectivo por causas económicas ou produtivas. A sanción será considerar improcedente o despedimento. A diferenza de indemnización, nas relacións laborais nadas despois da reforma do Estatuto dos Traballadores de 2012, 33 días de soldo/ ano no canto dos 20 do despedimentro obxecivo.

IV. CONCLUSIÓN DESTA 1ª PARTE: Cómpre esixir dos lexisladores a mínima burocracia posíbel para facermos efectivas todas estas ferramentas.

Na semana vindeira voltaremos con máis análise crítica.

Comentarios