Opinión

A aldraxe da AP-9

Para o noso Pais a AP-9 é un eixo fundamental de comunicación, atendendo nomeadamente a súa falla de alternativas practicábeis,  evidente entre Compostela e Pontevedra e noutros moitos lugares. Ocorre que a concesionaria recibiu no 2002 o agasallo dende o Goberno Aznar da prórroga do seu dereito concesional até 2038 apenas en troques da construción do treito Fene~Ferrol e da gratuidade do treito Rande-Puxeiros.

Para o noso Pais a AP-9 é un eixo fundamental de comunicación, atendendo nomeadamente a súa falla de alternativas practicábeis,  evidente entre Compostela e Pontevedra e noutros moitos lugares. Ocorre que a concesionaria recibiu no 2002 o agasallo dende o Goberno Aznar da prórroga do seu dereito concesional até 2038 apenas en troques da construción do treito Fene~Ferrol e da gratuidade do treito Rande-Puxeiros.

"A concesionaria recibiu no 2002 o agasallo dende o Goberno Aznar da prórroga do seu dereito concesional até 2038 apenas en troques da construción do treito Fene~Ferrol e da gratuidade do treito Rande-Puxeiros".

Despois, a concesionaria foi adquirida pólo grupo Citi ao grupo espanol Sacyr. Dende sempre, mais moi especialmente dende entón, nótase un grande desleixo e neglixencia no cumprimento das súas obrigas, e as peaxes medraban substancialmente no 2012 e 2013, mentres madrileños, castelánleoneses ou andaluces circulan entre as súas cidades  por autovías de balde.

A competencia sobre o control desta concesión non lle pertence, contra toda lóxica, á Xunta senón ao Goberno do Estado, que está a amosar seguido grandes doses de tolerancia co desleixo dos xestores concesionais  Velai a conveniencia, mesmo a necesidade, do inmediato traspaso desta competencia ao Goberno galego. Disque a ministra Ana Pastor rexeitou esta transferência por mor da suposta cualificación desta via como via de interese xeral. Mais esta cualificaciõn non impediría o traspaso  da autoestrada pola fórmula do artigo 150.2 da Constitución, ao ser plenamente susceptíbel de transferência ou delegación. Mesmo máis inmediato seria a descualificaciõn da via como de interese xeral , pois  que transita ao cento por cento poloterritorio galego e  non conecta con Portugal, ao ficaren a vários quilómetros da sua raia. Non por acaso Catalunya recibiu no seu dia o traspaso de parte da estrada estatal N~II e as Deputaciõns Forais o da A-8 e N-I ao seu paso por Euskadi. O que determina que a desculpa da ministra sexa ben pouco defendibel.

"Catalunya recibiu no seu dia o traspaso de parte da estrada estatal N~II"

 O traspaso da AP-9 á Xunta poria a xestión da concesionaria baixo o foco dunha vixiancia próxima á cidadania e máis sensíbel a respecto desta xestión caótica ca un Ministério do afastado Madrid. Porque, na Galicia, o mal servizo da AP-9 é unha cuestión de Estado, mentres que en Madrid non pasa de ser un problema menor que ocorre alô, no Noroeste.

Comentarios