Opinión

Abran as fiestras

O resultado das primarias do PSOE condicionou en certa medida a oportunidade da moción de censura de Unidos Podemos, En Comú Podem e En Marea. O trunfo indiscutìbel de Pedro Sánchez nas primarias socialistas, baseado na vontade da maioría da afiliaci´n soclalista de decidiren sen a intermediación dos baróns e das portas xiratorias e de expresaren a súa oposición á continuidade do Goberno do PP, outorgoulle ao PSOE a primacía “inter pares” da alternativa ao Goberno do PP. Seica os novos dirixentes do PSOE non queren saber de mocións de censura no curto prazo, mais o voto pro Sánchez das primarias sitúa esa moción na cerne do contrato. E incumprir o contrato coas súas bases tiraríalle toda a lexitimidade ao líder socialista.

O goberno alternativo ao PP é preciso por razóns de política social, para cobrirmos a xeito os servizos públicos, darlle pulo ao diálogo social e equilibrar a política económica en termos que sexan quen de garantir a inclusión e cohesión sociais. Mais, por riba de todo, é preciso por razóns de hixiene democrática. Cómpre botar democráticamente un PP enchoupado na corrupción que, ademáis, desenvolve unha política dirixida a bloquear a maioría parlamentaria da oposición e a construir un bunker legal que lle garde das pescudas e decisións xudiciais contra as súas prácticas corruptas.

Seica os novos dirixentes do PSOE non queren saber de mocións de censura no curto prazo, mais o voto pro Sánchez das primarias sitúa esa moción na cerne do contrato

 

Mais o C´s de Albert Rivera non conta para esta andaina, porque o seu é blindar e desodorar o goberno popular. Con quen teñen que contar Pedro Sánchez e Pablo Iglesias e con todas as forzas territoriais a quen se lles haberían propor un marco xurídico-político que poida conciliar a España plurinacional co dereito a decidir das súas distintas nacións, mesmo dende uns alicerces que fagan o posíbel por unha continuidade en común que respecte a identidade e intereses das distintas nacións que coexisten no Estado.

Construir axiña un Goberno alternativo ao do PP é esencial para a nosa convivencia democrática. E mesmo contribuirá a rexenerar eficazmente o espazo político da dereita española. De seguro que pasar pola oposición lle permitiría rexenerarse e mesmo autoinventarse, posibilitando as reformas constitucionais que o Estado e o conxunto das súas nacións e territorios precisan para avanzar.

Comentarios