Opinión

O partido son eu

A montaña marianista tremeu e pariu un rato.Para designar ao ministro Cañete como cabeza da lista do PP ao Parlamento europeo non era necesaria toda a cerimonia desenvolvida por Rajoy nestas semanas precedentes.En realidade, o que estaba en xogo non era a identidade concreta do candidato nin sequera a súa eventual idoneidade senón a confirmación do estilo caudillista que preside a lóxica dominante no partido que, neste momento, dispón das maiores cotas de poder institucional coñecidas nos últimos anos.

A montaña marianista tremeu e pariu un rato.Para designar ao ministro Cañete como cabeza da lista do PP ao Parlamento europeo non era necesaria toda a cerimonia desenvolvida por Rajoy nestas semanas precedentes.En realidade, o que estaba en xogo non era a identidade concreta do candidato nin sequera a súa eventual idoneidade senón a confirmación do estilo caudillista que preside a lóxica dominante no partido que, neste momento, dispón das maiores cotas de poder institucional coñecidas nos últimos anos.

Precisamente agora, cando a desconfianza social nas elites políticas rexistra os índices mais elevados dende a instauración do actual sistema constitucional, Mariano Rajoy decidiu realizar a pedagoxía mais nociva que cabía imaxinar.No canto de propiciar unha certa imaxe de vida participativa no interior do PP á hora de configurar a nómina de persoas integrantes da candidatura, optou polo cesarismo mais obsceno:só el estableceu o quen, o cómo e o cándo.Os demais dirixentes calaron, deron tabaco e finalmente aplaudiron.

Cando o 26 de Maio se contabilice o preocupante nivel de abstención rexistrado na xornada electoral haberá que facer xustiza e atribuír a responsabilidade que lle corresponde ao “rei sol” da Moncloa.Se xa resulta comprensíbel o escepticismo cidadán ante unhas institucións europeas que non manifestaron, ate gora, a vontade necesaria para regular a economía en favor das maiorías sociais, aínda é mais lóxico imaxinar o pasotismo derivado dun comportamento que denota unha evidente falta de respeto ás regras non escritas do sistema democrático. 

Polo demais, a composición da lista “europea” confirma que no PP segue moi activo o vínculo de sangue como factor explicativo de presenzas e ausencias.A escolla marianista privilexia a condición familiar por riba de outras consideracións.A influencia real de Núñez Feijoo é perfectamente descritíbel:só aparece –iso si:por terceira vez- o cuñado pontevedrés de Rajoy en postos de saída, ficando por debaixo de anteriores rexistros numéricos.Velaí a consideración que lle merece o PPdG ao máximo caudillo.Cómo explicará o presidente da Xunta semellante exhibición de subalternidade?Interésalle algo do  que se discute no Parlamento europeo ou entende que esa institución é un balneario para premiar fidelidades e favores partidarios?Vai asumir responsabilidades polo resultado electoral ou exercerá de tertuliano para comentar as cifras dos competidores?

O continxente  de votantes habituais do PP ten moito onde elixir o vindeiro 25 de Maio.Pode optar por outras formacións políticas ou pode expresar o seu desafecto mediante a abstención e o voto en branco.Aquelas persoas que aceiten como normal e desexábel o comportamento adoptado por este Gran Líder que administra en solitario o partido e o goberno, asumirán unha patolóxica fidelidade que non se compadece cos principios e valores dunha democracia de calidade. 

Comentarios