Opinión

Da estafa bancaria ao expolio do goberno

Aos 43.000 estafados coa comercialización das participación preferentes polas antigas caixas de aforros galegas viñeron a sumarse 35.000 tenedores de obriga subordinada con data de vencemento, logo da aprobación o pasado 31 de agosto do real decreto 24/2012, ao equiparar os dous productos a capital básico do banco.

Aos 43.000 estafados coa comercialización das participación preferentes polas antigas caixas de aforros galegas viñeron a sumarse 35.000 tenedores de obriga subordinada con data de vencemento, logo da aprobación o pasado 31 de agosto do real decreto 24/2012, ao equiparar os dous productos a capital básico do banco.

As víctimas da estafa masiva que viñan pedindo coas súas mobilizacións desde fai dous anos unha solución política atopáronse cunha intervención do estado en Novagaliciabanco que non só non os axudou se non que fixo máis grande o problema, primeiro impendindo arbitrariamente que o banco pudese cambiar as participacións preferentes por depósitos a prazo fixo (solución proposta no seu momento polo banco) e logo rebaixando estas, xunto coas obrigas sobordinadas, a accións, seguindo o Memorandum de entendemento (MOU) negociado polo goberno con Bruxelas.

"O obxectivo deste decreto de excepción financieiro non era devolver os cartos secuestrados, senón que este aforro cuantificado polo FROB en 1800 millóns de euros fose parte do rescate bancario. As quitas ás que se ven sometidos estes productos oscilan entre o 23 e o 65%"

O goberno do PP botou man da vía do decreto para marcar a folla de rota dun gran espolio ao aforro galego logo da bancarización das antigas caixas de aforro. O obxectivo deste decreto de excepción financieiro non era devolver os cartos secuestrados, senón que este aforro cuantificado polo FROB en 1800 millóns de euros fose parte do rescate bancario. As quitas ás que se ven sometidos estes productos oscilan entre o 23 e o 65%.

O proceso pode supor a última fase dunha folla de ruta trazada polo goberno español, a través do FROB, e dirixida a que os cidadáns estafados por NGB e logo expoliados polo executivo trala imposición das quitas e o canxe por accións, contribúan en boa medida ao rescate das entidades financieiras que os estafaron. E todo isto mediante outra “normativa de excepción”, a Resolución do FROB do 7 de xuño de 2013, que é un auténtico traxe a medida para os intereses da banca, impedindo a recuperación do 100% do aforro.

En vez de dar unha solución política que permita a devolución do total do aforro mediante un procedemento extraxudicial e universal, como podería ser a aceptación de todas as solicitudes de arbitraxe presentadas (promesa máis que repetida en campaña electoral), o FROB puxo fin á arbitraxe ao iniciarse o proceso de canxe e liquidez. 

"O papel xogado polo Goberno da Xunta de Galiza foi o do complice necesario que en nengún momento fixo oposición a esta folla de ruta e que permiteu a NGB e ao FROB pechar o proceso de arbitraxe deixando fora case 40.000 solicitudes dos aforradores". 

O responsable deste atropelo contra os lexítimos intereses dos estafados é o Executivo de Madrid, que facendo uso da maioría absoluta, consuma un fraude institucional mediante a imposición por decreto de quitas e canxes por accións non cotizabeis de xeito obrigatorio, e impondo unha nova quita no caso de querer optar á liquidez coa venda destas accións ao Fondo de Garantía de Depósitos.

Neste proceso o papel xogado polo Goberno da Xunta de Galiza foi o do complice necesario que en nengún momento fixo oposición a esta folla de ruta e que permiteu a NGB e ao FROB pechar o proceso de arbitraxe deixando fora case 40.000 solicitudes dos aforradores. Todo isto facendo caso omiso e sen dar cumprimento aos acordos únanimes do Parlamento Galego e ás promesas do Presidente da Xunta o Sr. Feixoo.

A Fundación de Caixas de Aforro (FUNCAS) ven de denunciar estes días que semellante gravamen “non ten parangón en Europa” polas súas características, que afectan de xeito maioritario a clientes minoristas. Estiman que para os clientes de Novagalicia Banco as perdas totais tras as dúas quitas suporán 800 millóns de euros ao rescate bancario. A nivel de estado, un de cada catro euros destinados ao rescate bancario terminará saíndo do peto dos aforradores con preferentes e subordinadas. 

Son estes cartos os que temos que seguir a reclamar lexitimamente ata conseguir a devolución do 100% do aforro a todos os estafados e expoliados. Mentras non se consiga estaremos ante un inxusto agravio comparativo, xa que unha parte recuperou a totalidade e outra vese obrigada por decreto a pagar o rescate bancario.

Xesús Domínguez
Plataforma estafados por Preferentes e Subordinadas de Compostela e Comarca.

Comentarios