Opinión

Política nova e política vella?

É novo ou é vello que os dereitos nacionais do meu país


Indubidablemente, cada xeración crese destinada a refacer o mundo. A miña sabe, con todo, que non poderá logralo. Pero a súa tarefa é quizá maior: evitar que o mundo se desfaga. Herdeira dunha historia corrompida na que se mesturan as revolucións fracasadas, os deuses mortos e as ideoloxías extenuadas; na que poderes mediocres que poden hoxe destruílo todo non saben convencer; en que a intelixencia se humilla ata poñerse ao servizo do odio e da opresión; esa xeración debeu restaurar, partindo das súas amargas inquietudes, un pouco do que constitúe a dignidade de vivir e de morrer. Albert Camus.

É novo ou é vello que os dereitos nacionais do meu país, o dereito a decidir o seu destino, son inseparábeis das reivindicacións e loitas polos dereitos laborais, sociais, culturais, económicos, de xénero... neste país?

É novo ou é vello organizarse onde a cada quen lle pete e non ter que agochalo publicamente pola interesada culpabilización de que "todos os políticos son iguais"?

É novo ou é vello que as forzas políticas son novas polo tempo en que aparecen e son vellas as que levan mais tempo na loita?

É novo ou é vello que as chamadas vellas forzas o son porque ou seu discurso non é válido, e o das novas sí é valido por novidade e porque así é, e máis nada?

É novo ou é vello un discurso-programa ambiguo para non meter medo e rebaixalo ao gosto do consumidor?

É novo ou é vello un discurso anticapitalista e nacional galego?

É novo ou é vello un discurso que di respectar os dereitos dos pobos a decidir mais que votaría en contra da súa independencia, porque sempre hai obxectivos mais prioritarios, e ademais o debate sobre a soberanía esta superado polo momento histórico que vivimos e hai que priorizar os dereitos sociais?

É novo ou é vello dicir que hai diferenzas nos discursos e propostas entre novas e vellas forzas. Hai diferenzas no económico, laboral, social, cultural?

É novo ou é vello que existen, coma sempre, diferenzas na "cuestión nacional" entre vellas e novas forzas?

É novo ou é vello que as chamadas novas forzas emerxentes con sede madrileña veñen a explicarnos o que temos que decidir nós?

É novo ou é vello a loita contra a corrupción e contra o bipartidismo neoliberal?

É novo ou é vello poñer en cuestión a forma de Estado, a monarquía imposta polo franquismo, ou, como non o permite a Constitución Española, do mesmo xeito que a forma territorial, non hai que tocalos?

É novo ou é vello que as chamadas novas forzas emerxentes con sede madrileña veñen a explicarnos o que temos que decidir nós?

É novo ou é vello que ofrezan o seu exclusivo paraugas para nos refuxiar nel cun guión a maiores, como se estivermos incapacitados?

É novo ou é vello confiar nas forzas do país, sen refuxiarse na alianza externa, como se existise unha dicotomía a sumar posteriormente?

É novo ou é vello que organizacións políticas teñan un sistema asembleario de toma de decisións?

É novo ou é vello que sistemas asemblearios internos sexan adxectivados como non horizontais porque neles non participa a cidadanía? Quen participa?

É novo ou é vello pensar que a cidadanía de a pé sen adscrición política será o motor do cambio? A cidadanía adscrita políticamente, de a pé, non o será?

É novo ou é vello que os participantes nas asembleas internas non sexan considerados cidadáns, ou son menos cidadáns por ser militantes organizados, e tomar a decisión de que unha parte da súa vida está na loita pola defensa dos intereses maioritarios?

É novo ou é vello o sistema de primarias? Un sistema de primarias onde o que sae elexido primeiro, como en Catalunya, vai no quinto posto da lista? Un sistema de primarias "prancha" e estatal, onde o candidato de Murcia poida presentarse por Lugo? É o bo ou é o bo porque salen os meus?

É novo ou é vello pensar que a cidadanía de a pé sen adscrición política será o motor do cambio? A cidadanía adscrita políticamente, de a pé, non o será?

É novo ou é vello pensar que un cidadán organizado non será motor de cambio social por tomar a decisión de implicarse na loita? Por que non se implicaron na loita os cidadáns non organizados e agora queres organizalos no teu e o teu xeito?

É novo ou é vello pedir que os militantes deixen os intereses partidarios á marxe? Os intereses partidarios non coinciden cos intereses da maioría? Por que, agora, os intereses "non partidarios" dos que non teñen adscrición política van coincidir?

É novo ou é vello que algúns chamen horizontalidade ao centralismo democrático, con participacións do 15%?

É novo ou é vello agochar a túa ideoloxía proclamando a transversalidade decindo que ser de esquerdas está superado?

É novo ou é vello que algúns chamen horizontalidade ao centralismo democrático, con participacións do 15%?

É novo ou é vello facer crer que os partidos son perniciosos, excepto o meu, e que os outros non teñen participación na creación dos movementos populares?

É novo ou é vello estigmatizar socialmente todos os políticos por igual? Os chamados políticos novos non fan política?

É novo ou é vello acusar de facer política partidaria os que loitan polos intereses das maiorías nunha organización? Os novos, por selo, non van facer política partidaria malia montaren un partido?

É novo ou é vello falar de unidade popular como se esta nacera por xeración espontánea, culpabilizando socialmente outros partidos e organizacións, como se nas asembleas populares non houbera militantes organizados?

É novo ou é vello falar de que o meu xa é a fronte de unidade popular?

É novo ou é vello que os medios de información do poder apoian os seus intereses que son os mesmos que os do poder político e económico?

É novo ou é vello que empresas informativas de televisión de difusión estatal que proclaman a súa liberdade e pluralidade teñen día e noite nos seus programas a determinados políticos (representativos de ninguén, porque nunca pasaron polas urnas) mentres non aparece ningunha forza política galega?

É novo ou é vello que o noso país non conta con medios de información de masas que apoien as alternativas soberanistas pero apoian outras alternativas?

É novo ou é vello que sempre hai egocéntricos patolóxicos nas vellas forzas políticas e nas novas, pero colócanse para ser o centro das decisións?

É novo ou é vello militar en tres formacións políticas sucesivas ata que ti es o secretario xeral, agora sí é boa, e mentres nas anteriores os problemas eran de democracia interna, agora a pesar das demisións, xa hai democracia interna?

É novo ou é vello que estar no poder dunha organización supón ter críticos, disidentes e escisións?

É novo ou é vello que tí agora na cúspide, pides a xubilación política pola idade, sen ter en conta unha longa traxectoria na loita? 

É novo ou é vello que, cando chegan ao poder institucional, as novas forzas toman as decisións sen asembleas nas rúas e nas prazas?

É novo ou é vello que podes nomear un familiar cun contrastado currículum  para un cargo, ou non sabías que terías que elexir entre legalidade ou ética?

É novo ou é vello criticar tanto asesor a dedo? Agora os teus asesores os elixen nas rúas?

É novo ou é vello criticar quen non paga impostos, pero montar empresas para pagar menos impostos non é criticable, ou non sabías que era legal pero non ético?

É novo ou é vello que A Coruña teña dous programas de Festas, un en galego é outro en castelán?

É novo ou é vello criticar tanto asesor a dedo? Agora os teus asesores os elixen nas rúas? Por que agora xa non importa o número de asesores?

É novo ou é vello que sen debater nin en asemblea na rúa, nin en xunta de goberno, nin negociar previamente estando en minoría cos que te apoiaron para estar, fagas recortes en educación, ou en emprego, sen contar cos teus apoios, e pretendas que continúen apoiandote?

É novo ou é vello que a patoloxía de ser un ex-, te leve negar onde estiveches, e como consecuencia expresar que ti es alternativa de goberno pola túa gracia, pero o outro, onde estiveches, non?

É novo ou é vello que na democracia capitalista o número de votos acadados non é un resultado que favorece á maioria social, senón que hai "factores" que inflúen e contaminan ese resultado en beneficio do poder establecido?

É novo ou é vello expresar que para tí é o mesmo un E que un G para gobernar, pero pides apoios do G para gobernares, porque non es maioría?

É novo ou é vello criticar a quen pola matemática eleitoral pactou programas de goberno coa chamada socialdemocracia porque non tiña a maioría? Con qué vas pactar se non tes a maioría? Ou pensabas que por ser vós quen sodes xa tes maioría, ou que a pesar de que dous máis dous non son cinco, o meu programa será aceptado polo Universo e amén?

É novo ou é vello predicar a rexeneración democrática e criticar a caste política, para acabar facendo alianzas para gobernar con esa caste?

É novo ou é vello esixir que outros sexan merecedores da túa confianza cando deberías ser ti quen a demostre? 

É novo ou é vello criticar que hai políticas de obstrucción ás Mareas pero non contas a obstrucción da Marea de Pontevedra?

É novo ou é vello criticar que hai políticas de obstrucción ás Mareas pero non contas a obstrucción da Marea de Pontevedra?

É novo ou é vello aquilo de "se me chaman ou me necesitan, vou de candidato" antes das primarias que predicas?

É novo ou é vello negociar as cúpulas de tres partidos un "preacordo para a construción dun espazo de cambio político e de ruptura democrática e dunha candidatura galega de confluencia ás eleccións xerais" a marxe dos movementos pola unidade?

É novo ou é vello expresar que "a clave do éxito deste proceso é facer do mesmo un instrumento en mans da cidadanía", pero somos nós os que modelamos e controlamos o instrumento?

É novo ou é vello predicar unha confluencia aberta á cidadanía e ás organizacións políticas, pero eu son o que poño os marcos previamente e ademais veto?

E novo ou é vello que todo o conto é deixar fora a unha organización política ainda a costa da unidade eleitoral, ainda a costa do futuro do país?

É novo ou é vello aquilo de: xente nova e leña verde todo é fume?

< Por iso resultaría inconcebíbel que ninguén que fale de unidade, unión ou do noso país axude a dividir e entregar recursos políticos galegos á submisión ao centralismo. Os enredos por atrás e as conversas entre cúpulas non terán froito entre nós. Ese sería o triunfo da máis vella política que tanto se ten criticado e con razón. Nós traeremos desde abaixo a nova política: diálogo, transparenza, participación cidadá e unidade. Sumaremos o que é diverso, distinto e vaino seguir a ser. Uniremos as diversas tendencias culturais, organizativas, que comprenden que é preciso construir xuntos. > SUSO DE TORO.

Comentarios