Opinión

Prospectiva necesaria

O mundo estase volvendo máis inestábel. De xeito consciente ou non experimentamos cambios que afectan ás nosas vidas, ás de todos. Nalgúns casos directamente e noutros de xeito vicario. O mudar do clima afecta e vai afectar máis no futuro a onde e como poderemos cultivar, exercer o pastoreo ou a pesca e, porén, a onde será doado ou difícil vivir. A dixitalización está alterando o traballo dalgúns colectivos, as súas relacións laborais e persoais, tanto no eido privado como no público. Un mundo máis e máis multipolar precisa dunha reflexión dos valores, a nivel europeo, por descontado, como se presenta no informe de prospectiva europea, mais tamén a nivel máis próximo do cidadán, como entendía Delors cando falaba da Europa dos pobos (e non dos estados).

Europa bautizou como “prospectiva estratéxica” os esforzos para mellor comprender estes cambios radicais e analizar o que se pode facer verbo diso. Esa disciplina de exploración, anticipación e configuración do futuro desenvolveuse por primeira vez para apoiar a elaboración de políticas da Unión Europea baixo a presidencia do Presidente Delors. Agora a Comisión está disposta a integrala en todas as súas iniciativas importantes, un cambio cultural especialmente importante para xestionar con éxito as transicións ecolóxica e dixital.

O Informe de prospectiva estratéxica de 2020 mostra o que nos ‘di’ a crise da Covid-19 sobre a resiliencia de Europa: Que capacidades temos onde é que somos vulnerábeis. O informe analiza como a pandemia agravou as desigualdades. Vai máis alá que identificar problemas, sinalando as oportunidades que Europa non se pode permitir deixar atrás. É necesaria unha visión sistémica dos cambios nos mercados laborais resultado da transición ecolóxica. Isto debe servir para as estratexias de reciclaxe profesional e mellora das capacidades. A pandemia aprendeunos que regresar ao statu quo non é unha opción.

Entrementres, que é o que pensa disto o noso Parlamento, os políticos escollidos para guiar a nosa nave.

Comentarios