Opinión

Desacougo

O comezo deste  ano  está  sendo  ambivalente. Primeiro   tiven   a  sorte  de  partillar  estrado  co  poeta  chinés  Lian  Yang,  na  serie  poetas  di(n)versos, unha iniciativa da poeta galega  Yolanda  Castaño  secundada  polo  Concello  da  Coruña.  Un  luxo  para  A  Coruña,  para  nós  como  galegos  e,  neste  caso,  para  min  partillando  estrado  cun  aclamado   poeta   internacional.

De   estar  interesados  neste  e  noutros  recitais  poéticos  da  serie  poderán  consultar  a  páxina de poetas di(n)versos e terán acceso as gravacións videográficas. A parte desacougante ben agora. Ao parecer había  na  sala  alguén  contaxiado  da  Covid.  Agora  estou  en  corentena  á  espera  de  facer as probas para detectar se fun contaxiado  ou  non.  Estou  ben,  mais  desacougado pola situación e porque son varios  os  amigos  e  familiares  pasando  por  situacións semellantes en varias cidades e vilas da Galiza. Desacougo entón, acae ben para definir a situación.

Desacouga tamén saber que temos un déficit de traballadores sanitarios en todos  os  niveis  de  atención,  dende  a  primaria até a especializada. Milleiros deles emigraron na década pasada e non están dispostos a regresar pois as condicións que se lle ofrecen na sanidade pública non son as mesmas que poden gozar en outros países de Europa. Non é tanto unha cuestión de salario (pois o custo de vida e a carga impositiva poder ser maior nalgúns países de destino), senón a precariedade.

Desacouga, en fin, saber que levamos 22  meses  de  pandemia  e  non  sei  se  aprendemos moito para no seu día atallar situacións semellantes. Quero crer que si, que no futuro teremos outros reflexos adquiridos, quer as institucións, quer os cidadáns, mais coido en pensar que xa vai sendo tempo de lexislar de xeito claro e flexíbel para evitar o bochorno das actuacións xudiciais, tantas veces contraditorias.

Quero crer que como o calendario non é senón unha convención para medir o tempo, este inicio errático non será necesariamente o inicio dun ciclo e a lei da compensación universal traerá tempos mellores. Iso espero.

Comentarios