Opinión

Que fazer com este euro?

O Fondo Monetario Internacional prognostica no informe sobre a economía española publicado en xullo que o paro superará en 2018, ¡ once anos despois do estoupido da crise financeira!, o 25 por cento. As economías do sur de Europa, Portugal, Greza, Reino de España, Italia, xunto coas dos antigos países do leste, están hoxe, de facto, gobernadas por organismos internacionais non electos, FMI, Banco Central Europeo, Comisión Europea. Os seus estados cedéronlles os instrumentos esenciais da política económica, a verdadeira soberanía, e carecen das ferramentas fundamentais para adoptaren unha política económica favorábel á maioría social. 

!Abandonar xa o euro. Esta é a posición maioritaria no libro. Fana súa os representantes do PCP, os dous deputados e economistas socialistas!

A relación entre euro e soberanía é a cuestión que se debate nun libro1 publicado no mes de agosto pola edición portuguesa de Le Monde Diplomatique. Participa unha representación plural da esquerda portuguesa, dous deputados do Partido Socialista (PS), outros dous do Partido Comunista Português (PCP), un representante do Bloco de Esquerda (BE) e persoeiros independentes.

Os autores analizan 4 posibilidades:

1. Permanecer no euro, posición que só defende sen matices o historiador Ricardo Noronha.

2. Abandonar xa o euro. Esta é a posición maioritaria no libro. Fana súa os representantes do PCP, os dous deputados e economistas socialistas (aínda que non sexa a posición oficial do seu partido) e outras catro intervencións de autores sen adscrición partidaria.

3. Darlle prioridade ao rexeitamento da débeda como alavanca para crear unha maioría de goberno que denuncie o memorando de entendemento. Só se non quedase outra opción habería que saír do euro. É a proposta de Francisco Louça, do BE.

4. O economista francés Frédéric Lordon entende que é imprescindíbel comezar polo abandono do euro para, a seguir, crear unha nova moeda común europea que coexistiría con distintas denominacións “nacionais”.

Tres ideas salientan nas análises:

1. A incompatibilidade da pertenza ao euro, no seu actual deseño, coa soberanía dos pobos e a democracia.

 "O economista francés Frédéric Lordon entende que é imprescindíbel comezar polo abandono do euro para, a seguir, crear unha nova moeda común europea que coexistiría con distintas denominacións “nacionais”

2. O desequilibrio da estrutura institucional e económica da Unión Europea que converte os países do sur de Europa en protectorados dos países centrais, nomeadamente Alemaña.

3. A conciencia de que as dúas alternativas, continuar ou abandonar o euro, van producir graves consecuencias nos pobos, "As nosas opções são, infelizmente, estas: ou corremos riscos inimagináveis ou desistimos da democracia." en palabras de Daniel Oliveira.

Queda pendente a cuestión – principal -  de como  crear un bloque social da igualdade que poida influír decisivamente na loita contra o neoliberalismo, o modelo  actual do capitalismo occidental. Unha pregunta, non é posíbel hoxe a confluencia das dúas forzas da esquerda portuguesa, o PCP e o BE? Polo de agora non é posíbel.

O libro é curto e claro (e barato) e mostra un avanzado nivel nun debate, urxente, que na Galiza e no Reino de España está a abrollar. Recoméndoo.

1.-Varios Autores, Portugal na tragédia europeia. Que fazer com este euro?, Livros de bolso Le Monde Diplomatique, Lisboa 2013.

Comentarios