Opinión

A Comisión Europea quere que @s xubilad@s sexan pobres

Un informe publicado pola Comisión Europea (CE) sobre o futuro das pensións1 cíta 50 veces a palabra sustainability e só 7 veces a palabra adequacy. Sustainability, sostibilidade, refírese á necesidade de reducir o peso das pensións públicas sobre o PIB. Adequacy, neste contexto  suficiencia, refírese á capacidade das pensións garantiren unha vida digna para as persoas xubiladas. Á Comisión Europea preocúpalle 7 veces máis o equilibrio entre gastos e ingresos que a dignidade dos seres humanos.

Un informe publicado pola Comisión Europea (CE) sobre o futuro das pensións1 cíta 50 veces a palabra sustainability e só 7 veces a palabra adequacy. Sustainability, sostibilidade, refírese á necesidade de reducir o peso das pensións públicas sobre o PIB. Adequacy, neste contexto  suficiencia, refírese á capacidade das pensións garantiren unha vida digna para as persoas xubiladas. Á Comisión Europea preocúpalle 7 veces máis o equilibrio entre gastos e ingresos que a dignidade dos seres humanos.

"O aumento da poboación en idade de se xubilar é do 70%, o aumento previsto do gasto en pensións públicas de só o 14%"

O informe prevé que o gasto en pensións públicas na Unión Europea de 27 estados pase do 11,3 por cento do PIB en 2010 ao 12,9 por cento en 2060. No mesmo período a poboación de 65 ou máis anos pasará do 17,4 por cento ao 29,5 por cento da poboación total. O aumento da poboación en idade de se xubilar é do 70%, o aumento previsto do gasto en pensións públicas de só o 14%. No 2010 Austria gastou en pensións públicas un 14,1% do seu PIB, unha porcentaxe ben superior á prevista pola CE para 2060, ese gasto permitiu que as persoas xubiladas recibisen pensións dignas sen que ameazase equilibrio macroeconómico ningún. 

Os cálculos da Comisión Europea realizáronse sen ter en conta as reformas implantadas en varios países en 2011 e 2012 que, afirma o informe, diminuirán aínda máis o gasto. Máis persoas en idade de percibir unha pensión e un gasto que medra moi pouco van provocar o aumento da pobreza entre as persoas maiores. @s redactores afirman que sería interesante avaliar o efecto das reformas sobre a suficiencia das mesmas, mais se declaran incapaces de o calcularen. Esta incompetencia contrasta coa exhuberancia e profusión de tábelas cargadas de datos que ocupan máis de 170 páxinas. O barroquismo, que avergoñaría as botadoras de naipes das madrugadas televisivas, chega ao seu máximo no cálculo da evolución do gasto en prestacións por desemprego no ano 2060. Existe algún/ha economista no mundo que se atreva a calcular o número de persoas desempregadas en 2060?

Nas case 500 páxinas do informe non aparece unha soa vez a palabra pobreza. Os sistema públicos de pensións son a medida máis efectiva para diminuír a pobreza entre as persoas maiores. Pénsese que no Reino de España, 9 millóns de persoas teñen como principal ou única fonte de ingresos unha pensión pública.

Para completar as pensións públicas de reparto, que prevén insuficientes como consecuencia das continuas reformas, os expertos propoñen que os estados fomenten a creación e/ou ampliación de sistemas de capitalización preferentemente privados. Por que consideran unha carga o gasto en pensións públicas e non o mesmo gasto se o realiza o sector privado?

"Por que consideran unha carga o gasto en pensións públicas e non o mesmo gasto se o realiza o sector privado?"

O Banco Mundial propuxo en 1994 reducir o peso dos sistemas de pensións públicas. Así abriríase un espazo para os sistemas de privados de capitalización. Os fondos xerados servirán para aumentar o volume das bolsas de valores. O obxectivo de garantir unha vida digna para as persoas maiores substitúese polo obxectivo de que as cotizacións sociais contribúan a aumentaren a financeirización da economía.

A experiencia de USA, onde o peso das pensións privadas de capitalización é moi alto, demostra que a pobreza entre @s xubilad@s é moito maior que nos países nos que os sistemas dominantes son públicos e de reparto. Propor o aumento da pobreza entre os maiores nos países ricos é barbarie. A nosoutr@s nos toca defender a civilización.

-----------------

1. European Commission, The 2012 Ageing Report.

Comentarios