Opinión

Soberanía para o povo traballador galego

Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de recortes impostas ao abeiro desta, o incipiente colapso do réxime político español instaurado tras a chamada Transición, e o cuestionamento do seu modelo territorial cun avanzo substancial das posicións soberanistas en Euskal Herria e, singularmente, en Catalunya.

Este 25 de xullo enmárcase nun contexto definido pola combinación entre a crise sistémica do capitalismo e os brutais efectos das políticas de recortes impostas ao abeiro desta, o incipiente colapso do réxime político español instaurado tras a chamada Transición, e o cuestionamento do seu modelo territorial cun avanzo substancial das posicións soberanistas en Euskal Herria e, singularmente, en Catalunya.

Asistimos a un agravamento da opresiva dependencia económica, da negación política e tamén do asoballamento cultural que padece Galiza

No caso galego, non podemos distraer este contexto concreto doutros factores que afectan, de vello, ao noso país e nomeadamente ás súas clases populares. Asistimos, xa que logo, a un agravamento da opresiva dependencia económica, da negación política e tamén do asoballamento cultural que padece Galiza. Neste senso, a negación de capacidade de decisión política efectiva, isto é de soberanía,  ten unha dupla dimensión que se retroalimenta, tanto pola crecente radicalización dun Estado español que nega a nosa condición nacional, como polo encadramento deste –en chave de supeditación- na Unión Europea dirixida pola oligarquía transnacional. 

Soberanía para racharmos, de vez, co saqueo antisocial que tanto o Estado español como a Troika nos impoñen

O reclamo soberanista non se afirma hoxe apenas por ser un dereito obxectivo de todo povo. Ten tamén unha innegábel fundamentación material. Conquistarmos a soberanía nacional e popular só poderá ser resultado do empoderamento do povo traballador galego, para ser exercitada por este.  Soberanía para racharmos, de vez, co saqueo antisocial que tanto o Estado español como a Troika nos impoñen. Soberanía para tomarmos o control sobre a nosa riqueza, para poñer en marchas as nosas moitas potencialidades produtivas e para dirixirmos a economía á satisfacción das necesidades do povo en troca de favorecer a acumulación de capital. Soberanía, para exercermos o poder político por e para as clases populares logo de o liberar das gadoupas do capital monopolista que o detén de maneira antidemocrática. Soberanía, pois, como instrumento necesario para superar a explotación e avantarmos na construción dun novo sistema xusto e igualitario, rumo ao socialismo.

Comentarios