Opinión

Referendo trampa para o proletariado grego

A lea entre o goberno grego e máis a Troika, que o propio Tsipras dera por desaparecida nada máis asumir a presidencia, non só ten unha lectura territorial. É evidente que o tratamento que se lle ten dispensado desde as institucións europeas aos PIGS ten moito de agudización das relacións centro-periferia, malia se desenvolveren dentro dun dos blocos centrais do capitalismo mundial.

A lea entre o goberno grego e máis a Troika, que o propio Tsipras dera por desaparecida nada máis asumir a presidencia, non só ten unha lectura territorial. É evidente que o tratamento que se lle ten dispensado desde as institucións europeas aos PIGS ten moito de agudización das relacións centro-periferia, malia se desenvolveren dentro dun dos blocos centrais do capitalismo mundial. Pero hai sobre todo unha lectura de clase, de radicalización da loita de clases. O memorando proposta pola Troika teima en transferir os custos da crise, e singularmente a responsabilidade de responder dunha débeda obxectivamente ilexítima, ás clases populares gregas. Pretenden facelo pola vía de alargar o saqueo, impondo inda máis duros recortes a unha poboación esquilmada economica e socialmente. Empobrecida até o limiar da pobreza absoluta e privada de servizos sociais básicos.

O referendo é un obsceno órdago táctico, como recoñecen desde Atenas sen disimulo.

Mais o referendo impulsado por Tsipras ante a falla de acordo co Eurogrupo para pactaren un novo “rescate” da Grecia é unha trampa. Non apenas por ser un obsceno órdago táctico, como recoñecen desde Atenas sen disimulo. Senón polos seus termos concretos. Consúltase ao povo grego para que ratifique ou non os termos do memorando da Troika, inaceptábel como dixemos. Porén, non se somete á súa consideración a presunta “alternativa” presentada por Tsipras. Digo presunta, dado que do contraste entre uns e outros documentos constátase que en máis dun 90% recollen os mesmos axustes antisociais e antiobreiros.

É por iso que acerta o movemento sindical de clase, organizado na Pame, ao rexeitar de plano (como están a facer tamén as comunistas do KKE) o referendo-trampa, e exixindo que a clase traballadora non decida coas “cartas marcadas” das forzas pro-UE (entre as que se inclúe Syriza) senón que eleve as súas propias alternativas.

Comentarios