Opinión

Un novo golpe contra o pobo hondureño

A pesar de que liderou as enquisas previas ás eleccións celebradas onte, Xiomara Castro pode que non chegue a converterse na primeira Presidenta de Honduras. O Partido Liberdade e Refundación (LIBRE) que impulsou Castro logo do golpe institucional que desprazou da Presidencia o seu marido, Mel Zelaya, cuestiona os resultados publicados polo momento desde o Tribunal Supremo Electoral, que outorgan a vitoria ao Partido Liberal.

A pesar de que liderou as enquisas previas ás eleccións celebradas onte, Xiomara Castro pode que non chegue a converterse na primeira Presidenta de Honduras. O Partido Liberdade e Refundación (LIBRE) que impulsou Castro logo do golpe institucional que desprazou da Presidencia ao seu marido, Mel Zelaya, cuestiona os resultados publicados polo momento desde o Tribunal Supremo Electoral, que outorgan a vitoria ao Partido Nacional.

No golpe contra Zelaya as principais estruturas do poder político, xudicial e militar conxuráronse para evitaren que o pobo hondureño puidese promover unha reforma constitucional

O Partido Libre supón un intento, enraizado nos movementos populares hondureños, de poñer fin ao bipartidismo que domina o país (Partido Nacional, Partido Liberal). A súa proposta central é a de convocar unha Asemblea Constituínte, co obxecto de acometer unha profunda transformación do país. 

Cómpre lembrar neste sentido que foi precisamente o referendo impulsado por Mel Zelaya desde a Presidencia, a respecto dunha constituínte, a causa que motivaría o golpe institucional que en xuño de 2009 poría á fronte do país a Roberto Micheletti, quen logo sería sucedido por Porfirio Lobo nunhas moi discutidas eleccións. Naquel golpe, as principais estruturas do poder político, xudicial e militar conxuráronse para evitaren que o pobo hondureño puidese promover unha reforma constitucional. Unha das pancas daquela operación foi o Tribunal Supremo Electoral. O mesmo organismo que está a publicar os resultados dos comicios de onte, nos que 5,3 millóns de hondureñas e hondureños elixiron 128 deputadas/os e 298 alcaldías.

O litixio electoral hai que inscribilo nun contexto de crecentes protestas populares  -a pesar dunha brutal represión- nomeadamente no sector educativo e na saúde, nun país no que a pobreza atinxe o 65% da poboación e, ao tempo, medra o número de millonarios. Neste sentido, a fraude electoral que denuncia a esquerda hondureña sería apenas un novo atranco imposto pola clase dominante para inviabilizar o inicio dun proceso de cambios que podería seguir a liña dos países do ALBA. Un atranco á medida dos intereses dos EUA, que se resisten a perder influencia na faixa central do continente. 

Un novo golpe contra o pobo hondureño.

Comentarios