Opinión

É hoxe tócanos bailar!

Foron moitos meses de fonda preocupación, moitos venres pendentes do que se falaba no Consello de Ministros, moitos días de preparación de actos, de confección de faixas, cartaces, disfraces…

Foron, sobre todo, moitas xornadas de convívio de mulleres diversas (como non podía ser de outro xeito) que tiñamos, fundamentalmente, uns obxectivos fundamentais:

Foron moitos meses de fonda preocupación, moitos venres pendentes do que se falaba no Consello de Ministros, moitos días de preparación de actos, de confección de faixas, cartaces, disfraces…

Foron, sobre todo, moitas xornadas de convívio de mulleres diversas (como non podía ser de outro xeito) que tiñamos, fundamentalmente, uns obxectivos fundamentais:

-espallar a alerta feminista

"Hoxe toca botar unha repichoca, porque o movemento feminista corrobora que a loita e a movilización  son instrumentos de loita fundamentais que poden parar a barbarie".

-que a sociedade nos acompañase na loita, que facía frente a un ataque como non se recordaba tal contra os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, que o goberno misóxino do Partido Popular no Estado, aplaudido, vitoreado e consentido polo presidente Feijóo querían levar adiante.

-paralizar unha reforma da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que nos retrotraería ás mulleres a séculos pasados, que volvería a poñer as nosas vidas en perigo por non poder facer algo tan elemental como é O NOSO DEREITO A DECIDIR SOBRE OS NOSOS PROPIOS CORPOS.

Hoxe toca botar unha repichoca, porque o movemento feminista corrobora que a loita e a movilización  son instrumentos de loita fundamentais que poden parar a barbarie.

O movemento feminista tantas veces ocultado, outras tantas demonizado e que sempre está aí, sempre se amosa cando é preciso.

O neoliberalismo salvaxe que nos goberna camiña da man dun patriarcado mal disimulado que nos invisibiliza como mulleres e no menos malo dos casos, distorsiona a nosa loita.

"Fronte ao patriarcado a mellor defensa é un bo ataque, que a igualdade non é nin gradual, nin consensuábel, nin negociábel"

Hoxe convidámosvos a festexalo, mais sen baixar a garda, seguiremos nas rúas porque cando un goberno involucionista chega ao poder as primeiras agredidas somos as mulleres, porque persiste a desigualdade salarial, a cousificación das mulleres, porque non existe a paridade real, mais si persiste o sexismo social, os micromachismos, a incidencia da crise económica nas mulleres ou o papel da Igrexa Católica, e a súa doutrina machista, en ámbitos tan dispares como o asistencial ou educativo, porque nos seguen matando simplesmente por ser mulleres.

Porque para evitar a involución nos nosos dereitos como mulleres, temos que saber que fronte ao patriarcado a mellor defensa é un bo ataque, que a igualdade non é nin gradual, nin consensuábel, nin negociábel

Porque eles saben que SOMOS MALAS, MAIS PODEMOS SER PIORES.

A todas as compañeiras de loita, incansábeis, que percorren todos os currunchos do noso país defendendo que O NOSO CORPO NON É TERRITORIO DE LIORTA.

Comentarios