Opinión

Unha vida escribindo. Trinta anos de libros

Neste ano 2018 fan xustamente trinta da publicación do meu primeiro libro: A xeración Nós. Galeguismo e relixión (Galaxia, 1988). O libro acadou un éxito para min insospeitado, sobre todo por ser o primeiro, estando varias semanas no nº 1 do ranking de libros vendidos en galego de non de ficción. Quizais o éxito fora porque era tamén o primeiro libro sobre a senlleira xeración de Otero, Risco e Castelao. Fixérao estudando a fondo os seus textos e estudos sobre eles, e coa axuda de conversas e correos postais —pois fixera o primeiro traballo nos meus anos de estudante en Salamanca a finais dos anos 70— cos que os trataron e aínda se podía falar con eles: Paco del Riego, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Piñeiro, Carlos Casares… Aínda lembro a emoción de mozo coa que saía da casa de Ramón Piñeiro con valiosas primeiras edicións das obras de Otero e Risco nunha bolsa de plástico, tras as ricas conversas con el na mesa-camilla. Non había aínda as segundas, terceiras, etc. e mesmo das revistas Nós e Logos déronme moito traballo atopar as coleccións enteiras, pois aínda non saíra a edición facsímile que se fixo despois de ambas.

Aquel fora o primeiro, e logo viñeron en anos sucesivos vintatantos mais, en galego e castelán —a miña lingua adoptada hai máis de corenta anos e a miña lingua materna—, con un éxito desigual; algúns cun éxito superior a aquel primeirizo e outros que case pasaron desapercibidos. Tamén viron a luz bastantes mais de outros tantos escritos en colaboración, ou nos que colaborei; en algún caso a carón de magníficos escritores e pensadores galegos. As miles de páxinas que foron enchendo son o produto dunha colleita de moitos máis libros lidos, a semente paciente das miñas ideas que foron pousando co tempo, e un traballo elaborado con amor semellante a coma o labrego sementa, agarda pacientemente que vaia crecendo o froito e logo colléitao para ofrecelo con agarimo aos seus irmáns e irmás que queiran acollelo. Con ocasión dun deses libros (Do teu verdor cinguido. Galeguismo e cristianismo, 1995), escribinlles a algúns amigos unhas palabras que lembro agora: “Cada quen ofrece o produto do seu traballo; o labrego e o gandeiro os froitos da terra e dos seus animais, o obreiro os produtos da fábrica, etc. Eu ofrézovos tamén, humildemente, o produto do meu traballo, outro libro, que espero vos sexa gorentoso”.

Neste ano 2018 fan xustamente trinta da publicación do meu primeiro libro: A xeración Nós. Galeguismo e relixión (Galaxia, 1988). O libro acadou un éxito para min insospeitado

 

Case tódolos meus libros naceron en Galiza; foron publicados por algunhas das mellores editoriais que temos aquí (Galaxia, Xerais, SEPT, Espiral Maior, Toxosoutos...) e por outras boas editoriais españolas (Sal Terrae, Herder, Narcea, Tirant lo Blanch, Verbo Divino...). Algún naceu en América Latina, en Italia (con magnifica tradución e edición italiana, pois nese país houbo lectores que se interesaron por eles) e o último en Portugal; vai facendo un lento camiño outro nos Estados Unidos. O primeiro foi escrito inicialmente a man e logo cunha vella Olivetti; a partires do segundo xa foron todos co ordenador. 

Os meus libros tratan maiormente temas de relixión e relixións, de pensamento, de cultura e de culturas en diálogo, de ecoloxía... Ofrézoos agora humildemente ao benévolo lector coma o produto deste obreiro do pensamento, da acción e da contemplación, e viceversa.
 

A xeración "Nós". Galeguismo e relixión (Galaxia, Vigo 1988, 267 pp, con Prólogo de Xosé Chao). A unión entre o sentimento relixioso e o compromiso con Galiza dos catro homes máis senlleiros da Xeración “Nós”: Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Florentino Cuevillas.

Cristiáns e galeguistas (Irimia, Santiago 1994) e Galegos e cristiáns. “Deus fratresque Gallaeciae” (SEPT-Galaxia,Vigo 1995, 375 pp, con Prólogo de Torres Queiruga). Un folleto e un groso libro que empeza pola peregrina Exeria e remata con Marica Campo, con centos de homes e mulleres galegas ao longo destes séculos da historia galega.

Os meus libros tratan maiormente temas de relixión e relixións, de pensamento, de cultura e de culturas en diálogo, de ecoloxía...

 

Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (Espiral Maior, A Coruña 1997, 220 pp, con Prólogo de Xosé Antón Miguélez) e Ecologismo y cristianismo (Sal Terrae, Santander 1999). Outro groso libro e outro menor sobre a intensa relación entre ecoloxismo e cristianismo.

A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida (Irimia, Santiago 1998, 390 pp, con Prólogo de Xosé Chao). Un libro sobre a “Romaxe”, que convoca os cristiáns galegos desde hai máis corenta anos, e os textos das súas celebracións. 

Con cordas de tenrura (SEPT-Galaxia, Vigo 2000, 146 pp) e Con cuerdas de ternura. Para un encuentro con el Dios de Jesús de Nazaret (Narcea, Madrid 2002, 188 pp). Dous volumes nacidos de longos anos dando retiros espirituais.

Via crucis-Via Lucis. Camiño da Cruz-Camiño da Luz (Ferrol 2003) e Oración comunitaria polos defuntos (con Xosé Antón Miguélez, Vigo 2003). Dous folletos para a oración e a celebración da fe.

Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza (Ed. Xerais, Vigo 2005, 382 pp). Unha aposta pola esperanza nun mundo sen esperanza, marcado polo pensamento único, convencido de que todo o que no se dá pérdese.

Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego (Toxosoutos, Noia 2007, 276 pp.). A primeira antoloxía de poesía relixiosa en galego e portugués; un libro para disfrutar, para orar e para celebrar.

Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar (Prólogo de Raimon Panikkar, Tirant lo Blanch, Valencia 2008, 341 pp). Raimon Panikkar: Oltre la frammentazione del sapere e della vita (Mímesis, Milano 2011, 320 pp.). Unha introdución á obra e o pensamento de Raimon Panikkar, un dos meus xeniais mestres, do que celebramos este ano o centenario do seu nacemento.
 

Dios, hombre, mundo. La Trinidad de Raimon Panikkar. Prólogo de Xabier Pikaza, Herder, Barcelona 2008, 536 pp. Unha introdución e un diálogo coa teoloxía de Raimon Panikkar, o misterio do Deus trinitario, en perspectiva interrelixiosa.

Obras de teatro para o Nadal (Tambre-Edelvives, Madrid 2009). Unha antoloxía de obras de teatro para o Nadal, na que inclúo algunha da miña autoría, pensadas para ser postas en escena na escola e na igrexa.
 

Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario (Galaxia, Vigo 2010, 2ª ed. 2012; 330 pp.). Un modesto éxito editorial sobre o bispo galego mártir, que foi dos máis xeniais fillos desta terra; que se adiantou ao seu tempo e tivo un éxito incrible entre persoas da clase alta e das clases populares. 

Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación (ed., Biblos, A Coruña 2012; 128 pp.). Outra achega a Prisciliano, cos traballos dun curso de verán coa UIMP que organicei no ano 2010.

Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza (ed. Trifolium, A Coruña 2010; 268 pp.). Unha introdución e uns textos de diarios inéditos doutro cura revolucionario e místico, que case acaba coma o clérigo anterior do século IV polo seu compromiso co pobo asoballado. La búsqueda de la armonía en la diversidad.

La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso desde el Concilio Vaticano II (Ed.Verbo Divino, Estella-Navarra 2014; 208 pp.). Outro dos meus libros máis queridos, sobre un tema fundamental que configura toda a miña teoloxía: o esforzo por crer, vivir e pensar interrelixiosamente. 

Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo (Credo Ediciones, Saarbrücken-Germany, 2014). O meu terceiro libro sobre outro dos meus temas máis queridos: ecoloxismo e cristianismo, desde a perspectiva da espiritualidade.

Diccionario panikkariano (Herder, Barcelona 2016; 300 pp). O terceiro dos meus libros sobre Panikkar; desta volta coa colaboración doutro amigo panikkariano, o teólogo colombiano José Luis Meza.

Prisciliano, um cristâo livre. O seu eco na cultura galaico-portuguêsa (Edições Novembro, Santo Tirso-Braga 2017, 348 pp.). O terceiro dos meus libros sobre este cristián libre e xenial do século IV, inxustamente maltratado pola súa Igrexa.

As colaboracións en libros colectivos foron abundantes nestes trinta anos; algúns en homenaxes colectivos a amigos ou estudos sobre persoas relevantes en Galiza: 

O idioma da Igrexa en Galicia, Santiago 1989.

Guerreiro, Lugo 1990.

Doce anos na búsqueda da nosa identidade, Lugo 1991.

Pregoeiro da luz. Alfonso Blanco Torrado. Homaxe dos escritores galegos, Lugo 1993.

Moncho Valcarce. Semente en todos os campos, A Coruña 1995.

O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, A Coruña 1995.

Guieiros: Xosé Chao Rego, Guitiriz 1996.

Guieiros: Nicanor Rielo, Guitiriz 2001.

Paulino Pérez Mendaña. Médico solidario, Pontedeume 2001.

Cousas de Veneranda, Lugo 2001.

Manuel María, Lugo 2001,

Homenaxe a Xosé Lois García, Barcelona 2006,

Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura europea, A Coruña 2007

Ser Igreja, Lisboa 2007,

O traque da Quenlla, Lugo 2008.

Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Vigo 2008.

Mato sono io, Lugo 2009.

Miguel, un cura grande en Parada de Outeiro, Vigo 2009.

Aguiño, 50 anos de parroquia. Historia e a memoria dun pobo mariñeiro, Riveira 2009.

O Pensamento Luso-Galaico-Brasileiro 1850-2000, (2 vols). Lisboa 2009.

Da Galicia de Balbino á Galicia de Hoxe, Pontevedra 2011.

Perspectivas sobre Bóveda. Ensaios e poemas polo seu 75ºcabodano, A Coruña 2011,

Repensar a Teoloxía. Recuperar o cristianismo. Homenaxe a Andrés Torres Queiruga, Vigo 2012.

As monxas de Abadín. Froitos dunha árbore de vida, Lugo 2012.

As mulleres nas artes e nas ciencias. Reflexións e testemuños, A Coruña 2013.

Homenaxe a Balbino e a Neira Vilas, Vigo 2013.

Peregrinaçois espirituais e turismo sacro. Colóquio Internacional, Braga 2014.

Xosé Maria Díaz Castro, Sada 2014.

Desafíos éticos para el post-acuerdo en Colombia, Bogotá 2016.

Galegos Universais (Prisciliano), A Coruña 2016.

As Letras Galegas na Encrucillada. Estudos en 40 anos da Revista (2 vols), Lugo 2017.

“Sin Buda no podría ser cristiano”. Budismo y cristianismo en diálogo, Bogotá 2018. 

Freixo Festival Internacional de Literatura. Guerra Junqueiro, Santo Tirso 2018.

Perspectivas  sobre  el  pensamiento  de  San Buenaventura, Bogotá 2018.

Tamén publiquei máis de mil artigos en revistas galegas (Encrucillada, Irimia, Grial, Agora, Lumieira, Ferrol-Análisis, Terra e Tempo, A Nosa Terra, Tempos, Sermos Galiza, Luzes, etc.), españolas e europeas (Iglesia viva, Sal Terrae, El Prado, Alandar, Noticias Obreras, El Ciervo, Vida Nueva, CIRPIT review, Complessitá, etc.) e americanas (Theologica Xaveriana, Cuestiones teológicas, etc.). E tiven unha colaboración habitual nos diarios El Progreso (1985-1994), Diario de Ferrol (1999-2005) e La Voz de Galicia (2006-2012); aburrido destes xornais, oxalá poida colaborar moitos anos en O Diario Galego.


 

Comentarios