Opinión

Suplicatorio

O parlamento europeo deu o primeiro paso para a concesión do suplicatorio contra o presidente Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí, os tres membros do Goberno no exilio que agora son eurodeputados. A concesión do suplicatorio foi aprobada de momento pola comisión de Asuntos Legais e agora será o pleno o que a terá que votar.

Hai que aclarar que a importancia deste suplicatorio é moi limitada. Os tres eurodeputados non perden a súa condición de parlamentarios nin serán enviados a España. Simplemente o xuíz belga está autorizado a analizar a orde emitida contra eles polo Tribunal Supremo español.

O xuízo contra Puig está completamente fechado xa, non caben máis recursos

E este xuíz será o mesmo que en xaneiro denegou unha orde exactamente igual contra o conseller Lluís Puig, tamén exiliado en Bélxica. E non só denegouna senón que acusou España, nunha sentenza durísima, de violar os dereitos humanos, afirmando que é imposíbel un xuízo equitativo contra un independentista en España.

O xuízo contra Puig está completamente fechado xa, non caben máis recursos nin niveis superiores, co cal convértese nun gran precedente. Custa pensar que o mesmo xuíz cambie de opinión. E se non cambia de opinión os tres eurodeputados recuperarán a inmunidade automaticamente.

Pero cun prezo, non para eles senón para España e o parlamento. España tensou todo o parlamento europeo para conseguir esta vitoria pírrica e hai sinais de fatiga interesantes.

A primeira o mesmo resultado da votación. Os eurodeputados españois coparon a comisión pero contándoos a eles e todo o resultado é de só un sesenta por cento de votos a favor da concesión do suplicatorio. E iso é destacábel porque a media de todas as votacións de suplicatorios ao parlamento europeo desde 1995 sitúase no noventa por cento a favor. 

Mal sinal para España pois, que aínda contando coa súa desaforada presión sobre os deputados dos grandes grupos, non consigan convencer.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios