Opinión

E a Rambla foi unha gran festa

O martes a selección de fútbol de Marrocos conseguiu o pase aos cuartos de final do mundial de fútbol. Por primeira vez na súa historia e por primeira vez tamén para calquera selección nacional árabe. E, como era lóxico e de esperar, a festa desatouse tamén por toda Europa xa que son millóns os cidadáns europeos de orixe marroquí.

Miles de mozos e familias foron a Canaletes enarborando bandeiras de Marrocos, pero tamén a insignia tricolor amazigha e bandeiras de diversos países árabes

Aquí nos Països Catalans a festa viviuse un pouco por todas partes, pero tal e como marca a tradición cando se fala de fútbol, concentrouse dunha maneira moi especial na fonte de Canaletes, ao comezo da Rambla.

Cara a alí foron miles de mozos e familias enarborando bandeiras de Marrocos, pero tamén a insignia tricolor amazigha e bandeiras de diversos países árabes -víronse moitas sirias e palestinas- para celebrar este éxito deportivo que, como escribiu o día despois en VilaWeb o meu compañeiro Alaaddine Azzouzi achegaba unha alegría a xente que non está afeita ter alegrías.

E a festa durou horas e non houbo ningún problema nin pasou nada de nada. Simplemente uns cantos miles de cataláns de orixe marroquí pasárono moi ben e gozaron en todo momento da complicidade doutros cidadáns de orixines diversas. As ameazas e medos que a extrema dereita quixeron crear ante a posibilidade de houbese incidentes quedaron en fantasías enfermizas, propias de xente que non sabe onde vive.

Ao fin e ao cabo, máis aínda se non temos seleccións catalás competindo ao mesmo nivel, que pode haber máis normal e san que a celebración alegre dunha vitoria deportiva. Durante décadas vimos cataláns de orixe española, sobre todo, festexar as vitorias da súa selección. E se cadra se gaña o mundial Arxentina ou Brasil veremos miles de cataláns de orixe arxentina ou brasilera facendo iso mesmo, tamén. De momento quedámonos coa alegría dos nosos concidadáns de orixe marroquí. E coa festa que, unha noite de fútbol máis, volveu encher a Rambla de Barcelona.

Comentarios