Opinión

O proceso de independencia segue

Os lectores de Berria e Nós Diario estou seguro que observaron cunha certa sorpresa o final do goberno de coalición entre ERC e Junts. Poden estar tranquilos porque aquí tamén estamos un pouco descolocados.

Descolocados non tanto polo que pasou como polo resultado. Agora mesmo o Parlament de Catalunya queda desta maneira: 33 deputados independentistas, de ERC, a favor do goberno, 41 deputados de Junts i CUP na oposición independentista, 8 deputados comúns cos cales aparentemente o goberno teñen boa sintonía e 53 deputados españolistas. Sobre 135 escanos a maioría absoluta é de 68, moi lonxe por tanto dos 33 escanos cos que conta Esquerra por ela mesma.

A presión desde a rúa para retomar o proceso de independencia é o que moveu a Junts a romper o goberno, e a facelo cun exercicio sorprendente, deixando votar as súas bases

En calquera caso, e a pesar das voces que reclaman eleccións, ERC decidiu seguir adiante cun goberno en solitario, ao cal incorporou algunhas personalidades procedentes do PSC, de CiU e dos comúns, xente que en diversas ocasións mostrouse contraria ao proceso de independencia. Foi un golpe de efecto que aínda desconcertou máis.

De todas as maneiras hai unha cousa que é importante que se entenda. Rapidamente hai quen correu a dar por morto o proceso de independencia, pero isto non é así.

Para entender, de feito, o que está a pasar, hai que observar todo o que acontecu durante o mes de setembro. A manifestación da Diada, que foi un éxito a pesar do boicot de Esquerra; o acto, moi contundente, do Consell da República; o anuncio dunha Lista Cívica auspiciada pola ANC para as próximas eleccións ou o desafío ao tribunal que o xulgaba de Josep Costa, que puxo a pensar a moita xente en que caramba fixeron os líderes do procés no xuízo de Madrid.

Porque esta presión desde a rúa para retomar o proceso de independencia é o que, en definitiva, moveu a Junts a romper o goberno, e a facelo cun exercicio sorprendente, deixando votar as súas bases, que dixeron non a quedar, cando a maioría da dirección dicía si.

Comentarios