Opinión

O 17-A de Villarejo

As inesperadas declaracións do comisario Villarejo en sede xudicial, responsabilizando CNI dos atentados de Barcelona e Cambrils xerou unha enorme polémica esta semana. A forma na que se expresou é especialmente dolorosa. A frase “dar un susto” é moi dura para as vítimas sobre todo. Que se poida xogar así cos sentimentos da xente é moi irresponsábel. 

Eu teño que dicir que sigo sen atopar ningún dato que me permita vincular o CNI, ou calquera poder do Estado, directamente con este atentado. No seu momento o investigamos moitísimo e analizámolo desde todos os puntos de vista. Non parece moi críbel a implicación dos servizos secretos por detalles como o feito de que planearan atentar en París ou que o explosivo usado fora o peróxido de acetona. Este é moi inestábel e por iso explotou a casa de Alcanar. Se cargaran as bombas na furgoneta tería estalado antes de saír da urbanización. É unha bomba desesperada, a fabricación da cal corre polos foros jihadistas pero que é moi pouco práctica para facer un atentado. Se o CNI quixera “dar un susto” non a tería prescrito, seguro. Neste sentido non podemos perder de vista que Villarejo xoga a salvarse el. 

Non parece moi críbel a implicación dos servizos secretos por detalles como o feito de que planearan atentar en París ou que o explosivo usado fora o peróxido de acetona

Pero dito todo isto tamén é verdade que o imán de Ripoll era confidente do CNI e que a policía española sabía que tiña desaparecido -precisamente foi VilaWeb o medio que explicou primeiro a famosa terceira visita á mesquita onde os policías descubriron a súa fuga. E isto e, sobre todo, a negativa repetida do PSOE e o PP a calquera comisión de investigación que analice que pasou na realidade é o que é máis grave. 

Porque estes episodios onde se mesturan as cloacas acostuman ter derivadas -por exemplo que pinta Marrocos en todo isto. E ante uns feitos dunha gravidade tal o Estado non pode limitarse a intentar tapar a porcallada que supura negando toda investigación. Non hai dereito.

Comentarios