Opinión

Nove en liberdade

O último artigo da tempada, queridos Martxelo e María, coincide cun gran cambio no proceso catalán de independencia. E con unha alegría, se podo expresalo así, persoal.

Porque a durísima declaración do Consello de Europa denunciando a represión española, poñendo de feito Turquía e España ao mesmo nivel, foi seguida de maneira inmediata pola promulgación dun indulto que puxo na rúa aos nove presos políticos. E para moitos de nós, para moitos cataláns, velos saír en liberdade representou unha enorme alegría persoal, un alivio colosal.

Mais tamén somos conscientes todos de que isto só é un paso máis. Os indultos teñen condicións, que xa veremos en que se concretan, non afectan aos exiliados e tampouco significan nada para as máis de tres mil persoas encausadas neste país até agora por xuízos relacionados co referendo de 2017 e a proclamación da independencia.

Os problemas políticos deben resolverse só a través de métodos políticos. só a violencia lle permitiu ao estado frear a implantación da declaración de independencia

E, máis aló, sobre todo ábrese un período decisivo do combate deste país pola súa liberdade. Porque este indulto, diga Pedro Sánchez o que diga, chegou fundamentalmente pola presión europea. E non deixa de resultar curioso nese sentido, escoitar hoxe a algúns políticos ou xornalistas dicir que non se podía entender a situación de prisión e que era contraproducente, cando eles mesmos calaron ou aplaudiron durante anos. Canta cobardía e canta miseria!

E a presión europea sobre todo serviu para enviar unha mensaxe clara a España: coa violencia non. Os problemas políticos deben resolverse só a través de métodos políticos. Unha mensaxe transcendental xa que só a violencia permitiulle ao estado frear a implantación da declaración de independencia.

De todas as cousas que pasaron esta semana, para min, esta é a máis importante. Non só para os Países Cataláns senón tamén para Euskal Herria e Galiza. Porque se España non poder frearnos xa a golpes ou con penas de prisión, iso significa que a liberdade está moito máis preto de nós.

Comentarios