Opinión

Negociar en tempos de Hasel

Despois do resultado electoral, vén a negociación. Sempre. Ás veces máis difícil e ás veces menos. No caso catalán, polo que parece, vai ser complicada. Das diversas combinacións que hai sobre a mesa todo indica que a preferida por Esquerra Republicana sería a tendente a crear un Goberno de coalición coa CUP e os Comúns e non se sabe se con Junts tamén. En campaña os de Junqueras e Aragonés falaran dun Goberno a catro pero os Comúns néganse a estar no mesmo Goberno que Junts e Junts tampouco ve ben un Goberno que de realizarse cren que sería un "Goberno con independentistas", pero non "un Goberno independentista".

A negociación durará e por agora é bastante silenciosa e discreta. Aínda que están pasando cousas en paralelo que lle poden afectar. Especialmente a reacción cidadá á entrada en prisión de Pablo Hassel. Unha reacción que parece que está a sorprender a algúns políticos, cando era evidente, ou iso me parecía ao meu ver, que ía pasar. 

Hai un cansazo enorme ante ainoperancia da clase política para freala

A sociedade catalá está profundamente marcada pola represión, por unha represión brutal que afectou á clase media, non só aos extremos políticos como adoitaba ser tradicionalmente. E hai un cansazo enorme ante a inoperancia da clase política para freala. As imaxes que vimos estes días en Barcelona, en Lleida, en València, en Xirona ou en Vic responden moito a esta dinámica. A comprensión de boa parte da sociedade cara á violencia na rúa é o prezo inevitábel que paga o Estado español por tanta represión, sen freo nin limites. Non hai ningunha sociedade no mundo que poña a outra fazula de maneira permanente. Nin a catalá.

Veremos se isto sobe tanto que afecta a formación do Goberno e todo. Os Comúns están no Goberno español e son responsábeis por tanto do que está a pasar -que non é só unha cousa de xuíces aloucados. E a CUP tende sempre ao extremo. Paciencia pois, e a velas vir.

Comentarios