Opinión

Mas-Colell

Andreu Mas-Colell é un dos economistas máis recoñecidos do mundo. Catedrático en Harvard e autor do manual de microeconomía máis coñecido polos estudantes de calquera país, en 1995 volveu a Catalunya para crear a Universitat Pompeu Fabra e posteriormente se converteu en conseller de Universidades primeiro e de economía despois, cargos que exerceu nos gobernos de Jordi Pujol e Artur Mas.

Non está en contra do dereito de autodeterminación pero non cre posíbel a independencia e representa desde fai tempo unha das voces que se chaman “moderadas” dentro do nacionalismo catalán.

Agora o profesor Mas-Colell enfróntase a unha situación insólita. Dentro dun par de semanas, a súa casa, a súa pensión e as súas contas bancarias serán confiscadas polas autoridades españolas, no contexto da represión contra a acción exterior da Generalitat. En concreto polo chamado Tribunal de Contas.

Mas-Colell fará setenta e sete anos o día 29, un aniversario marcado porque será xusto ese o día que, corenta encausados recibiran a notificación de canto diñeiro froito do seu traballo e esforzo ao longo dunha vida lles van roubar coa acusación, por exemplo, de ter aprobado no orzamento da Generalitat a acción exterior do goberno, unha acción completamente legal.

A denuncia desta situación en Twitter por parte do fillo de Mas-Colell, Alex Mas (@AlexMasPton) xerou unha auténtica conmoción nos Estados Unidos e en Europa. Alex Mas tamén é catedrático, en Princeton e foi o director da oficina do presuposto da Casa Blanca durante a presidencia de Barak Obama.

Ninguén entende como unha cousa así é posíbel, cousa que levou a moita xente importante no ámbito académico a debater se España pode ser considerada unha democracia. Co que, de novo, a voracidade represora do estado español provocou un efecto boomerang.

Comentarios