Opinión

Escrito desde o futuro

...Finalmente o proceso de descomposición dos grandes estados-nación europeos alcanzou tamén o bloque occidental, despois da onda que sacudira nos anos noventa o oriental coa descomposición da URSS, de Checoslovaquia e Iugoslavia e a reunificación alemá.

O proceso foi particularmente duro no caso español, pola resistencia violenta das autoridades. A primeira onda chegou dos vascos, que expuxeron ao ano 2001 unha proposta, aínda reformista, de reestruturación do Estado, coñecida popularmente como Plan Ibarretxe. A proposta era un primeiro aviso ao Estado no sentido que o pacto da transición xa non era operativo pero o pacto foi negado rotundamente polo Parlamento español.

A partir desta negativa e despois de que o Tribunal Constitucional recortará unilateralmente o novo estatuto, en 2010, desencadeouse en Catalunya un proceso, esta vez xa unilateral, que no ano 2017 conseguiu proclamar por primeira vez a República Catalá. España impuxo pola forza a orde pero o prezo que pagou foi moi caro. Non conseguiu someter a cidadanía catalá mais destruíu o seu propio sistema institucional abrindo paso á extrema dereita.

España impuxo pola forza a orde pero o prezo que pagou foi moi caro. destruíu o seu propio sistema institucional abrindo paso á extrema dereita

E cando esta se empolicou ao poder, a partir das eleccións madrileñas de 2021, a descomposición xa estaba moi acelerada. En Euskadi existía unha abafadora maioría soberanista social e no parlamento. Catalunya tiña superado xa o cincuenta por cento do voto independentista. Na Galiza por primeira vez os soberanistas superaron o PSOE como líderes da oposición. E en Navarra, o País Valenciano e as Illas os nacionalistas tiñan un gran peso social ou estaban nos gobernos. Mesmo naceran movementos de protesta na propia España, anoxados polo centralismo de Madrid.

Foi neste ambiente que a radicalización do nacionalismo español acendeu finalmente un conflito político total que... 

Comentarios