Opinión

Eleccións

As eleccións catalás serán o 14 de febreiro. Junts per Catalunya e Esquerra Republicana decidírono así. A resposta á inhabilitación do presidente Torra é non presentar ningún candidato alternativo. E o trámite parlamentario lévanos ao 14 de febreiro, onde haberá bastantes cuestións en xogo.

Especular sobre posíbeis resultados é unha pérdida de tempo. Estamos no medio da crise máis estraña que nunca vivimos e pode pasar calquera cousa calquera día que o cambie todo. Mais feita esta advertencia, creo que se que hai tres factores que se pode dicir que serán determinantes.

O primeiro é que toda a atención estará en ver se o independentismo supera o 50% do voto popular. A maioría do parlamento existe desde hai anos pero España insiste en descualificar a proposta republicana asegurando que o voto independentista non supera a metade dos votantes, aínda que para iso teñan que sumar os votantes dos Comuns e os de Vox, como se fose o mesmo.

Nas últimas eleccións europeas o independentismo conseguiu o 49,84% dos votos e quedou só a 5.379 de chegar á metade máis un. As autonómicas parecen un momento máis propicio para un salto que os políticos cataláns pensan que sería fundamental e traería consecuencias.

O segundo factor importante é a loita pola hexemonía dentro do campo independentista. As enquisas debuxan un empate entre Junts e Esquerra. Pero queda moito camiño por facer. Non sabemos, por exemplo, se o presidente Puigdemont concorrerá ou non ás eleccións, cousa que sen dúbida modificaría o panorama. De todas as maneiras parece claro que o Goberno que saia dos comicios será de coalición entre Junts e Esquerra ou entre Esquerra e Junts.

Finalmente haberá que ver que pasa co espazo de Podemos- Comuns. Especialmente despois da tendencia observada nas eleccións nos vosos dous países. Se perden voto será moi interesante ver se a fuga é cara ao independentismo ou cara ao  españolismo.

Comentarios