Opinión

Diadas

Tes razón, querido Martxelo, en que as diadas de Catalunya da últi-ma década foron impresionantes e marcaron fitos de mobilización do noso pobo. Mais, vaia, se nos pomos cos matices a cousa tam-pouco é tan diferente respecto ao que explicas do teu país.

A ver, o Principado de Catalunya si que ten unha diada indiscutíbel, que é a do 11 de setembro. Mais xa está. No norte a diada conmemórase o 7 de no-vembro, aniversario do Tratado dos Pireneos, que partiu o noso país en dous. No País Valencià a diada oficial é o 9 de outubro mais a popular e reivindicativa é a do 25 de abril, aniversario do inicio da ocupación española. Nas Illas a cousa é máis complexa aínda.

Existe unha diada oficial das Illes Balears, o primeiro de marzo, que non concita ningún entusiasmo, aínda que sexa festivo. Mais logo cada illa ten a súa diada particular. Nas Bale-ars, a de Menorca é o do 17 de xaneiro e a de Mallorca é o 31 de decembro, aínda que se tentou impor durante moito tempo a do 12 de setembro. E nas Pitiusas (para os españois todo o que está no medio do mar é "Balears", mais para nós son dous grupos de illas diferentes) a diada de Eivissa é o 8 de agosto mentres que a de Formentera é o 24 de xullo. E aínda tes que engadir á lista a diada de Andorra, que se celebra o 8 de setembro. Así que me saen dez diadas, pois, case unha por mes.

Que poderían ser once, posto que temos desde hai tempo intentos de celebrar unha diada da nación enteira. O intento máis conseguido dos cales é a celebración do 24 de xuño, a diada de Sant Joan ou dels Països Catalans. A tradición da chama do Canigó axuda moito neste sentido. A noite antes, na cima do Canigó, en Catalunya Norte, préndese un lume, feito con madeira chegada de todos os territorios cataláns, que portado por relevistas acende na noite de San Xoán fogueiras por todo o país de Perpinyà a Alacant. En calquera caso, bo Aberri Eguna a ti e aos lectores de Berriae que a liberdade nos chegue pronto a todos.

Comentarios