Opinión

Galeusca Historia

Por volta do ano 2003 desenvolvíase o congreso ‘A Galiza de Bóveda’.


Por volta do ano 2003 desenvolvíase o congreso ‘A Galiza de Bóveda’. Entre outras achegas, o profesor da Universidade de Deusto Xosé Estévez falou arredor do tema do que é máximo especialista: “Galeuzca”. 

Xestando un proxecto necesario

A partir daquela ponencia, e entre moitas cuestións que puidemos falar aproveitando aquel encontro no que eu tiña por obxecto falar de Alexandre Bóveda e a Asemblea de Concellos do 1932, acordamos os dous que era oportuno non deixar pasar por alto o 75 aniversario do ‘Pacto de Compostela’ ou ‘Galeuzca’ (dado que viña de pasar o 70 aniversario daquel histórico pacto sen maior relevo, nomeadamente no ámbito historiográfico; e non podía ficar eclipsada unha realidade como aquela de destacado relevo no seu tempo, antes e despois do golpe militar do ’36).

Comezamos a desenvolver diversos contactos, tecendo complicidades varias... Contactos que frutificaron e deron lugar a que no 2008 se lanzara desde Murguía, Revista Galega de Historia o manifesto “Galeusca: 1933-2008”.

Desde aquela altura comezamos a desenvolver diversos contactos, tecendo complicidades varias... Contactos que frutificaron e deron lugar a que no 2008 se lanzara desde Murguía, Revista Galega de Historia o manifesto “Galeusca: 1933-2008”. O documento puña en valor o pacto tripartito, en canto feito histórico e significado se refería, comprometéndonos as e os case cen asinantes do mesmo a afortalar as relacións entre historiadoras e historiadores das tres nacións, de cara a dar lugar a un ‘Galeusca Historia’.

Materialización dun proxecto (en curso)

Así foi que se xestou un encontro periódico entres uns e outros, unhas e outras, materializado nun I Galeusca Historia, desenvolvido en Catalunya (Barcelona, 2010), un II Galeusca Historia, desenvolvido en Euskadi (Bilbao, 2012) e nos pasados días un III Galeusca Historia, desenvolvido na Galiza (A Coruña, 2015). 

Un encontro este último no que, con máis de vinte relatorios, reforzamos a iniciativa, en canto rede de investigadores e docentes adicados á historia dos nosos respectivos países se refire; e marcamos o rumo a seguir, facendo especial fincapé nunha forte aposta polos estudos comparados. 

Aliás, en base ao nosa sensibilidade radicalmente democrática, solidarizámonos co pobo sirio (e non só) diante do terror que está a padecer..., e con todas as nacións que procuran exercer o seu dereito de autodeterminación, procurando un futuro soberano e próspero, mención particularmente referida a Catalunya diante do emocionante proceso no que se acha.

Após virse de culminar a primeira rolda de encontros, agardamos longa vida ao ‘Galeusca Historia’, necesario proxecto de cara a superar modelos historiográficos alleos e (re)coñecermos mancomunadamente as nosas respectivas realidades históricas.

Comentarios