Opinión

Bárcenas branquea a Aznar

A guerra fratricida na dereita española está a semear o camiño de cadáveres políticos, algúns deles aparentemente exquisitos e con vocación posmoderna (esa Cospedal), outros pata negra xa claramente con cheiro paleolítico (Mayor Oreja).

Mas aquí ninguén dá puntada sen fío e muito menos o arquitecto da trama, Luís Bárcenas, o laborioso funcionario que foi facendo un petiño a conta das xenerosas contribucións dos empresarios do tixolo (e tamén Mercadona, entre outros). Un petiño de 22 millóns de euros. Un petiño que o tamén industrioso Montoro se preocupou de limpar en parte coa súa amnistía.

"Bárcenas foi facendo un petiño a conta das contribucións dos empresarios do tixolo"

Non é por acaso que nos papeis de Bárcenas non apareza o nome de José María Aznar. Sobrevive pois o caudillo, o cirurxián de ferro por cuxa volta devecen os sectores máis ultra da dereita española. Non é que isto o rehabilite (el foi presidente durante os anos dos pagamentos en negro), mas fica vivo.

Asistirá en primeira fila ao duelo Feijóo-Esperanza.

Comentarios