Opinión

O temporal político no Reino Unido

Quedan cinco meses para as eleiciós xerais mais imprevisíveis que talvez houvo nunca no Reino Unido. Esas eleicions estan fixadas para maio do 2015 e todo o que suceda até esa data será interpretado como indicio dun resultado que cada vez se apresenta como mais problemático para os partidos tradicionais.

Quedan cinco meses para as eleiciós xerais mais imprevisíveis que talvez houvo nunca no Reino Unido. Esas eleicions estan fixadas para maio do 2015 e todo o que suceda até esa data será interpretado como indicio dun resultado que cada vez se apresenta como mais problemático para os partidos tradicionais.

"A decision dos votantes foi a de votar por qualquer menos polos partidos fortes de sempre, o conservador e o traballista". 

O partido antieuropeísta UKIP (United Kingdom Independence Party) foi o gañador na recente eleicion parcial que se convocou para o 20 de novembro no distrito de Rochester cando o que era diputado conservador dese distrito pasouse ao UKIP e optou por deixar que os votantes decidiran se querian mudar de diputado ou votar por UKIP e seguir con el. A decision dos votantes foi, mais unha vez, como se ven demostrando en todas as eleicions dos derradeiros tempos,  a de votar por qualquer menos polos partidos fortes de sempre, o conservador e o traballista. O terceiro, o Liberal-Democrata, en coalicion actual có goberno conservador, quedou, como quedara no referendo da Escócia, nunha situacion risível e desaparecido do mapa político.

"A xente está aburrida dos políticos de todos os partidos tradicionais e cré que son elites ao servizo de outras elites" 

O que está sucedendo na política do Reino Unido é o mesmo que se está vendo en toda a Union Europea e que tamben empeza a verse en alguns países da América Latina: que a xente está aburrida dos políticos de todos os partidos tradicionais e cré que son elites ao servizo de outras elites e funcionan como as igrexas, que predican a doutrina e fan o contrário.

O partido conservador non sabe como combater este oponente que o ataca pola direita, e o partido traballista, que até agora seguiu no estado de sonambulismo que o caracteriza e pensou que o perigo era só para a direita, está empezando a decatarse de que quen mais vota ao UKIP é a clase traballadora. Os votantes do Reino Unido, nestes momentos en que tanto o partido conservador como o traballista están integrados por elites sociais e económicas, queren unha transformación do sistema político, mais verdades e menos mentiras, e, como din muitos, deixar de estar governados por millonarios que entraron directamente na política sen ter traballado nunca antes en nada.    

Comentarios