Quedan cinco meses para as eleiciós xerais mais imprevisíveis que talvez houvo nunca no Reino Unido. Esas eleicions estan fixadas para maio do 2015 e todo o que suceda até esa data será interpretado como indicio dun resultado que cada vez se apresenta como mais problemático para os partidos tradicionais.
"A decision dos votantes foi a de votar por qualquer menos polos partidos fortes de sempre, o conservador e o traballista".
O partido antieuropeísta UKIP (United Kingdom Independence Party) foi o gañador na recente eleicion parcial que se convocou para o 20 de novembro no distrito de Rochester cando o que era diputado conservador dese distrito pasouse ao UKIP e optou por deixar que os votantes decidiran se querian mudar de diputado ou votar por UKIP e seguir con el. A decision dos votantes foi, mais unha vez, como se ven demostrando en todas as eleicions dos derradeiros tempos, a de votar por qualquer menos polos partidos fortes de sempre, o conservador e o traballista. O terceiro, o Liberal-Democrata, en coalicion actual có goberno conservador, quedou, como quedara no referendo da Escócia, nunha situacion risível e desaparecido do mapa político.
"A xente está aburrida dos políticos de todos os partidos tradicionais e cré que son elites ao servizo de outras elites"
O que está sucedendo na política do Reino Unido é o mesmo que se está vendo en toda a Union Europea e que tamben empeza a verse en alguns países da América Latina: que a xente está aburrida dos políticos de todos os partidos tradicionais e cré que son elites ao servizo de outras elites e funcionan como as igrexas, que predican a doutrina e fan o contrário.
O partido conservador non sabe como combater este oponente que o ataca pola direita, e o partido traballista, que até agora seguiu no estado de sonambulismo que o caracteriza e pensou que o perigo era só para a direita, está empezando a decatarse de que quen mais vota ao UKIP é a clase traballadora. Os votantes do Reino Unido, nestes momentos en que tanto o partido conservador como o traballista están integrados por elites sociais e económicas, queren unha transformación do sistema político, mais verdades e menos mentiras, e, como din muitos, deixar de estar governados por millonarios que entraron directamente na política sen ter traballado nunca antes en nada.